Rompe a auga da noite
entre rochas embebidas de soños
non sucedidos.
Vou falar agora,
porque non quero calar para sempre.
Douche a chave
e pechas as entradas
que nunca se deberon cruzar.
Libélulas na noite
embarullan o aire
no esquecemento do teu corpo;
virxe de ti,
etéreo de min.
Dis que non existo;
pero eu seime,
seite.
Reivindico o meu dereito a existir
agora que te acostumaches a desaparecerme.
Non quero ser pantasma
dun presente que cheira a mar recuperada.
Para e por Silvia volveu este poema dende o pasado a este presente que nace nos vosos ollos, na vosa boca, nas vosas palabras. Porque sodes a ansia do mundo liberada.
4 comentários:
o poema encántame.. é destes poemas que che gusta ler porque sí.. e que conseguen arrincarche unha bágoa que estaba cosida a unha ferida que crias fechada.. e volve sangrar.. (dios.. pero que cousas digo a estas horas.. ;P)
o poema gústame en serio.. oxalá todo isto que estemos a facer aquí agora nos sirva para algo no futuro..
polo menos a min axudoume a ter o valor para ensinarlle aos demais estes poemas que tiña ben agochados....
=)
gustame moito porque me enche de enerxía de forza,de abrir as ventas e gritar!!!!!!!!!!siiiiiiiiiiiiiiiii EXISTOOOOO!!!!!!!!!!NINGUÉN ME VAI PARAR!!!!!!!!!!!!
DE VERDADE ENCHEME DE FORZA ,PENSO QUE NOS INCITA A QUE DEIXEMES DE SER ESCRAVOS E QUE NOS ALCEMOS E REIVINDIQUEMOS OS NOSOS DEREITOS
MOI BO SUSANA
VÑA BIKIÑOS
ENCANTO A SONORIDADE E MOI FORTE E UNHA CONTINUA FORXZA QUE GOLPEAE GOLPE ATA QUE PROVOCA EN TI UNHA NORME ANGUSTIA DE BERRAR SON LIBRE !!!!!!!
BIKIÑOS
ola!!si señor penso igual que love!!este poema esta cargadisimo, e o que máis me gusta del e que reinvindica o dereito de existir!!porque iso ninguén o pode evitar porque por moito que intente fundir a vida tes o dereito a poder elexir!!de como vivir!!!
encantame!!
bicos
grazas (glups)
Postar um comentário