estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

09 maio 2008

Sentados..

Estaba alí sentada,
era tarde,
tiñase ir,
pero non podía..
el tamén estaba..
Levaban horas,
a anacos falaban,
outros non decían nada..
Sobraba con saber
que nin ela se quería ir,
nin el que ela se fose.




Ola, pois este poema si que é meu :P e escribino despois de escoitar un dos poemas qeu lemos na clase..espero opinións, suxerencias..(coma sempre jeje)




bicos.

3 comentários:

Anônimo disse...

oliñas!!bueno pimero grazas por subirme sempre os meus!!ok?
o poema este tamén e mu bonito porque reflexa ese estado de animo que sintes cando te tes que separar dunha persoa a cal queres sexa amigo, noivo familia....pero a cal lle queres dalgúnha maneira un tanto especial.
bicos

xenevra disse...

Lendo isto non hai dúbida... a clase si serviu para algo.
Grazas

SilviA*!! disse...

precioso Sofy.. precioso!!..
águeda ten razón.. el e ela.. non nos di en ningún momento que tipo de relación teñen.. pero sí se nota que se importan..
non sei.. gústame!! =) non sei explicar ó que me recorda.. quizais a eses momentos en que chamas a calqueira.. xa sexa o mozo as amigas a familia.. e podes botar horas e horas falando.. ou sen dicir nada.. tan só che importa seguir ahí, non separarte de esa persoa..
encántasme primaaaa!! ;) jjjj
bszs