estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

29 maio 2008

finou

Remata
e
ninguén se da conta.
Aquela ilusión
aquel medo
aquela loita.
E remata
remata sen darnos conta.
E todo
quedará gardado naquel animal con fame
e só alí permanecerá vivo.
Voltarán máis pero,
para nós ningunha coma esta.
O meu animal
lembra
medo,sorrisos e soños.
Lembra que o mellor para levantar as tetas é o Wonderbra
e que os meus ollos
son ollos de outono.
Que está quente
e que
te enfrío.





oa!bueno pois este poema(se se lle pode chamar así) vai dedicado os nosos esforzos por a semana de poesía.Quedoume un pouco pelota pero...non lle podo facer nada!!!xdxd
un saudiño a todos


beladurminte*

Nenhum comentário: