estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

03 maio 2008

Matando A Soidade


Quero ser...
...porque ti es.
Deixame ser
eu.

Ser alguén máis
ca o reflexo da miña face no espello.
Ser eu quen fale
cando se abren os meus beizos.

Ser un anxo
caído do ceo.
Ser estrela
cargada de soños e espranza.

Ao teu carón
poder voar eternamente.
Ser libre nos teus brazos,
ser eu ao teu lado.

Axúdame a respirar
co aire dos teus beizos.
Déixame crecer
seguindo os teus pasos.

Igual que ti seguiches
os meus pasos, hoxe.

Amareite por sempre,
querereite ata morrer.
Como un día prometín,
mentres me apertabas nos teus brazos.

Axúdasme a matar a soidade,
fas que saian do meu peito
un a un...
tódolos meus medos...














A cor verde...
A cor da esperanza...
A cor da que están feitos os soños....
nos meus ollos.

2 comentários:

Anônimo disse...

bueno eu con unha prima poeta e sen sabelo jeje..que é moi moi chulo!! a min tamén me gusta escribir pero solo me salen bonitos a veces :( ..pero bueno tocouche a ti ser a poetisa da familia :P jeje..

bkñsss

xenevra disse...

lindo poema baseado fundamentalmente nos paralelismos e/ou repeticións. Hai unha mención á color do modernismo por excelencia e ese tópico literario dos olos verdes. Ben, os ollos xa sós son o tópico máis repetido, as ventás da alma, o espello dos sentimentos.
Gústame a combinación do contido coa forma: a cor verde dopoema e a imaxe que o encabeza, así como o espazo final que supón unha ruptura para engadir un novo elemento ao texto. Precioso

(Glups, creo que me enrollei)