estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

30 maio 2008

Sen horizontes...


Era un día máxico
sen fronteiras,
sen horizontes.

No que as amigas,
un anxo delicado
e moi fermoso,
axudaban a pechar
as feridas.

Fixeronme sentir parva.

Estaba desexando
deixar de ser nena,
precisaba ser muller.

Todo fora unha farsa,
pero partiuno,
plantandolle cara,
cuspiulle, olvidouno.

Deuse conta de que
non precisaba
aquel cabaleiro de ouro.


Ola, pois despois de bastante tempo sen subir ningún poema por falta de tempo..aqui volvo estar..O poema é o que lin hoxe no botellón poético e fixeno no obradoiro de poesía a partir de palabras soltas..e iso foi o que saiu..espero que me digades que vos parece..
bicos.

3 comentários:

SilviA*!! disse...

oa ceo!! ;)
bueno pois k o poema gústame moito..
k escolleches as palabras máis especiais..
e que me parece incribel eso de "escupir" os sentimentos.. xD..
por algo tiveches o primeiro premio ;)
seguir así primísima!!
besiñossss

xenevra disse...

e digo eu... só por incordiar... (glups) e se pos algo así como "cuspiulle o seu olvido" / "Cuspiulle o olvido" ????
é que a min tamén me gusta moito esa imaxe e creo que así quedaría máis forte.
do resto, xa Silvia dixo todo ;)))

Anônimo disse...

oas bueno este poema soame moito!!Home claro...foi o que levou o primeiro premio no botellón!!jaja...creo que xa sobra dicir que me encantou, xa que formei parte do xurado..jejej
a verdade e que me encanta o de "cuspiulle, olvidouno" e de que non precisaba dese cabaleiro de ouro!!ten unha forza...:P

bicos