estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

10 maio 2008

o valor dun quérote



Quixera poder explicar

a sensación que producen

as notas desa canción

se petan no meu corazón.


Quixera poder describir

o xeito no que me amas,

o modo en que corren as túas mans pola miña espalda

ata o centro do meu ser.


O que sinto

se me bicas e apertas, fortemente.

Cando descubrimos novos espazos

que nos fan estremecer.


Os teus dedos tócanme

do mesmo xeito que as cancións...

Docemente como unha balada,

e coa forza do peor heavy...


Aprendo a quererte así, deste xeito abafante.

Novos momentos de paixón, dúas palabras que matan

e fanme crer que o mundo deixa de existir despois de ti:

quérote tanto...











Espero que me digades o que vos parece!!!!
Bkñsssssss =)

5 comentários:

amistade disse...

encantame...rotundo...jeje.No de verás moi bo... dúas preguntas
1.-e teu o poema?
2.- si e teu canto tardaxes en facelo(e moi bo)perecemo...
Bueno a temática ta moi ben...e a mais...espero que sigas asi...+
moitos bks xao!

SilviA*!! disse...

pois claro que é meu ;)..
pois.. eu diría que uns 10 minutos.. xD (non os penso moito, non..)

Anônimo disse...

Empezar dicindo uqe a forza que transmite eé brutal, asi como a sonoridade que e fantastica porque vai desde muy lento a ta que a atension entre os dous e má xima .Moi bo o poema .Veña segue a si
adeus
KEROT MOito
bikiños

xenevra disse...

quizais os poemas nazan dos momentos máis fugaces, deses sentimentos que se enredan nas palabras e xa non terman ata que dan saído. Quizais sexan as palabras as que tiran polos sentimentos ata facelos presentes... Pero hai que sentir así, hai que coñecer a linguaxe, hai que saber como enredarse no aire que has a levar
Es boa, eh?? ;)))

->André Ramil Eiriz- disse...

vaites se é boa!! mimá silviña... a verdade que escribes fantásticamente... transmites en moito en poucas liñas, rotundo e apaixoante... de verdade encantame como escribes. seguir así!