estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

09 maio 2008

Ollos eternos..


Coñecinte cando o mundo se che viña enriba,
estabas totalmente desfeito.
Non sei porque nin como, abrazámonos..
os dous sentimos que había algo mais...
todo se consumiu nun intre
non durou nin tres segundos...
xa estabamos separados..




Tres anos despois,
soa e sentada na rúa
alguén se sentou ó meu carón,
coñeciao á perfección,
sen embargo, non fun quen de miralo,
tiña medo de volvelo perder,
supliqueille que se fora..
pero non o fixo,
funme e seguíame,
non me daba separado del,
enganchoume de tal xeito..
que non me quedou outra que
miralo os ollos....




Ola! pois outra vez subo un poema da Águeda, ela pidemo e eu obedezco jeje, e xa non fai falta que diga nada máis.. :P jeje

biquiños.

3 comentários:

xenevra disse...

Vale, pero xa lle mandei a autorización para que publique ela cando queira.
Mañá fáloche do poema, dese que nace dos teus ollos e transfunde as túas letras, dese que pervive ao longo do tempo enredado no aire dunha rúa, que foi pero xa non é, mais as dúas sabemos que volverá ser. Quizais noutros brazos, quizais noutros beixos, pero volverá engancharse na mirada por tres segundos... ;)

Anônimo disse...

pois que comentar deste precioso poema, me encanta e que nos mostra como nha muller se enamora dun home .despois este vise ,e ao cabo de tres anos volve para querela ,pero ela opón resistencia,pero o final ,acaba caendo no seu amor de novo.en canto a sonorización do poema paraceme boa ainda que algunhas rimas non son apropiadas nalgúns casos( opinión mña,que quede claro),,jjj e na mais que me encanta e punto. Pois nada espero que o comentario estea ben feito ainda que é un pouchiño cutre jejejej xao
bikiños

SilviA*!! disse...

hola!!!!
pois o poema paréceme precioso!!
encántame como escribes águeda ;).. este é o k está pegado na columna non? =).. quedeime pasmada á mañá lendoo.. e ao rematar quedouseme ese sorriso de boba porque me encantou!! jj..
está moi ben porque a estructura ao comezo relata moi lento o que pasou en menos de tres segundos.. e logo de repente ese silenzo do poema enmarcan os tres anos seguintes..
fermoso!! =) =P