estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

28 maio 2008

amizades

Para uns amigos que xamais esquecerei...


quérovos :)






A nosa amizade
non dura un día
nin dous
durará toda a vida.

A nosa amizade
é limpa,
transparente e fermosa,
é un parche nunha antiga ferida.


A nosa amizade
é risas,
complicidade e amor,
é unha cálida aperta ao corazón.


A nosa amizade
é verdadeira,
eterna e sinceira,
é máis do que aparenta.


Porque un amigo de verdade está ahí
cando todos se foron
Cando todos che dan as costas...
A nosa amizade estará ahí, para ti, coidaa..


A nosa amizade
é fermosa,
permite os erros,
é unha axuda cando de verdade fai falla...

A nosa amizade durará toda a vida =)

2 comentários:

Anônimo disse...

parece q son primeira non¿? =)

hai unha clara repetición de estructuras ("A nosa amizade
é") agás na penúltima estrofa.

En canto ó tema, os amigos son todo para unha persoa, sen eles a vida non tería sentido, e iso queda plasmado perfectamente no poema, é precioso!! =)


p.d.semana da poesía inesquecible!! e mañá a crear poemas! =)
Bicos!

xenevra disse...

un continuo fluír da metáfora ao longo da primeira parte... traballamos a conclusión??