estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

12 maio 2008

chorando baixo a choiva


Estaba chovendo
mentres a nena choraba...
Chovía, e estaba soa, e sen paraugas...
Soa, pero así ninguén sabería que estaba chorando...

Chantada.
Cravada ao chan.
Cos ollos fixos na estrada...
Esperaba.

A nena
críase forte, mais era feble...
Acababa de descubrir que era a súa maior debilidade.
Agora tamén chovía na súa alma...

E así seguía
chorando baixo a choiva...
¿Porque choras nena se es feliz?

Ela tan só quería atopar o seu lugar...



Non sei de onde saiu este poemiña.. pero aquí está!!
(Que conste que a nena aquí presente é feliz.. xD.. Como ben dixo a Ague non fai falla estar triste para escoitar unha canción triste... ;P)
Ánimo rapaces!!
Bicos

7 comentários:

Anônimo disse...

boas!

qn dixo que había que estar triste para escoitar unha canción triste¿?
non ten nada que ver, como ti acabas de demostrar =)

chover- chorar; chantada-cravada... é verdade que o paralelismo dá moito xogo! xD
encantame o contraste ó longo do poema (forte- feble; choras- es feliz,..)

o poema pareceume precioso! segue así e chegarás moi lonxe!

bikiños!

xenevra disse...

o comentario está feito (Mirian dixit)

moi boas as dúas ;)))

Anônimo disse...

pos claro q non fai falta estar triste para escoitar unha canción lenta ou "triste",porque eu ogora mesmo estou escoitando unha moi triste e non ten nada que ver con como me sinto!!
do poema pos amin tamen me encanta os contraste..pero sobre todo o feito de que a rapaza estivese chorando o mesmo tempo que chovía..,paréceme super sentimental...non sei como espresalo pero de sócato lin iso e entroume un arrepía....
xa sobra decir...o que me pareceu..jjej **bsiños**

Anônimo disse...

Ai!!k bonito...joo encantoume é precioso de verdade.e que escribes todo tan forte e tan rotundo e a vez tan fraxil e sinxelo!!ek m encantan!!!bueno pitufa sigue ecribindo así que algún día cando publiques un libro e me cruce contigo pola rúa direi coa cabeza ben alta:esa é miña amiga!!!xdxd
un besazo enana


bela durminte(e que senn non me vai,jopetas)

SilviA*!! disse...

=) grazas monas =) jojo.. xDxD

xenevra disse...

o de monas vai por elas, ou??
:P:P:P
;))))))

SilviA*!! disse...

mmm...

siiiiiii (ups!!)

jeje =)