estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

31 maio 2008

Hoxe vou a falar..Rematou o tempo de calar...



Vou falar
...........e direiche,
que rematou o tempo
.....de calar.
Porque xa non quero
...........esperar,
para poderte amar...

E que para ti serei
............ aire
.................... terra
.............................. auga
......................................... lume..


Todas esas verbas descoñecidas
da paixón
................e do desexo...

Que se atopan no que tentas olvidar
soños
................e felicidade...

..........Sensacións
que me fan
...crer
que o mundo deixa de
..........existir
se ti non estás
...........................amor...

Algúns non poden imaxinar o mundo
sen vida..
Eu non podo imaxinar a vida
sen ti...






Ben pois a verdade é que este poema non me gusta moito.. =(.. Pero aquí queda para que opinedes del... Como podería melloralo?

Bicos!! Qrvs!!
(E agora??;))

6 comentários:

xenevra disse...

A primeira suxestión tela no poema, un xogo cos espazos. Púxenchos porque non é fácil este xogo no blogue.

Agora: suxestións para os verso de "Os entimentos que me fan sentir"
ánimo

SilviA*!! disse...

m.. buff.. o d "os sentimentos que me fan sentir" puxeno eu?.. buff.. jj.. que raro soa.. xD.. quer�a po�er algo como as sensaci�ns?
non seii.. puxen cousas moi raras ^^

xenevra disse...

puxeches o que sentías... Agora a traballalo!!! sería marabillosos se désemos coas palabras adecuadas no primeiro intento, pero entón non pagaría a pena

SilviA*!! disse...

grazas pola axuda.. ^^
e ben.. agora que tal?? =)
(non sei se non me pasaría con tanto espazo por ahí.. xD)

xenevra disse...

gústeme. consegues moitas dobres lecturas:
- "sensacións que me fan crer"
- "sensacións que me fan / crer que o mundo deixa de existir"
- "que o mundo deixa de existir"
- "existir se ti non estás"

Anônimo disse...

oa bueno eu non che vou dicir nada de como o poder mellorar porque a verdade e que me gusta así...pero...
o que máis me gustou del foi o principio,porque o dí cun ímpetum, cunha precisión, tan claro...ademáis cando o les parece que non da chegado o momento en que llo digas a cara..faite sentir dentro del.:)
bicos