estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

10 maio 2008

soñando sentimentos



soñei

que soñabas.

sentin

que sentías


tal que se foses de verdade

soñeite.

tal que se existises

sentinte.


soño

o que ti soñas.

e sinto

o que ti sentes.


tal que se deixase de ser boneca

e fose nena de verdade, soño.

tal que se deixase de ser marioneta

e soñase, sinto.


porque ao fin e ao cabo

a vida está chea de soños.

e xa sabes que os soños...

soños son.



aquí queda o poema que nos pediu Susana para o luns..

=)

4 comentários:

xenevra disse...

Puffff!!!! a foto é brutal!!!!
O poema é unha chulada, pero iso xa non é novidade. Gústame. Tes que seguir con isto e ir mellorando as formas. Vas moi moi moi moi rápido. Quizais algún día ti sexas a nosa invitada na semana da poesía ;)))

->André Ramil Eiriz- disse...

Jaja... sego decindo o mesmo ca sempre... es moi boa... Fanse popemas moi simpáticos con esta estructura co xogo das palabras, e este é precioso. Seguir así!

Anônimo disse...

`pois nada decir que a silvia está escribindo moi ben grazas a min a ese amor que hai entre os dous ,ela aé a forza de alimentacion para qu poidamos escribir poesia os dous !!!!!!!!!jejejej pois nada decir do poema que e unha preciosidade e que como di susana a ver se dentro de pouco teño unha moza poeta jejejej bikiños adeus
en canto ó poematen unha sonoridade e un ritmo moi alegre e triste o meu tempo ( segun amiña opinion ) pola utilizacion dos verbos .pero ti sabes que me gusta kerto adeus

xenevra disse...

glups... sección cotilleos activada
Pois noraboa aos dous!!!
un matrimonio de poetas:
Mª Xosé Queizán e Ferrín
Rábade Paredes e Helena Villar Janeiro
Silvia e Miguel....

:))))