estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

19 maio 2008

quero ser, deixademe ser...



Farta de que as verbas
se escapen dos meus beizos
sen razón.

Farta de que me miren
e miren
e non vexan o que sinto.

Farta de ver tanta
inxustiza
pois o mundo é tan cruel...

Farta de que as bágoas
esvaren
sen sentido.

Farta de sentir o aire da culpa
Cada vez que camiño,
báteme nas costas

...


E cada paso que dou
é outro erro grave...
E cada cousa que
desexo
é para min algo inalcanzábel...

Tan só quero ser feliz,

deixademe
ser...

2 comentários:

Anônimo disse...

describe as ganas de ir contracorrente, de sempre pnsar xusto o contrario q os demais. E sen embargo, querer seguir, sen que importe o que digan... s� intentar SEGUIR ADIANTE.

gustame como est� estructurado, o feito de destacar as palabras m�is importantes, e sobretodo, o silenzo do medio...impresionante =)

biki�os!

Anônimo disse...

este poema da unha gran sensación de tristeza e unhas gañas de poder ser como es sin que ninguén cho impida...
estas mu ben!! bueno e arriba ese animo pitufiña!!bicos