estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

22 maio 2008

reflexións


Existe maior reflexión
sobre min mesma
que a que fago
as tardes de choiva na miña ventá?

Existe maior visión
de nós mesmos
que a que temos
frente do espello?

Non quero que as sombras
do futuro me deboren
Que se supón que fago
se o pasado hai que olvidalo
se o presente é inestabel
e o futuro está no aire?

Non quero que o mundo
nos separe, nunca máis.
Dime que ti sempre
ao meu lado vas a estar...

3 comentários:

SilviA*!! disse...

bueno.. aquí volvemos eu e os meus poemiñas.. ;)..
a verdade é que estou un pouco cansa do meu xeito de escribir.. =(.. vós que pensades dos meus poemas?.. xD..
non sei paréceme que desgasto continuamente os mesmos tópicos..
por iso neste poema penso que cambiei un pouco..

espero que me comentedes moito e me digades o que vos parece..

grazas e moitos bicos =)

xenevra disse...

gústame o novo enfoque. De todos os xeitos, se te sentes cansa... quizais debamos xa poñer en marcha o obradoirto pra traballarmos os poemas en conxunto ;)

Anônimo disse...

boas!!!
o novo enfoque está ben... pero non opino que os outros sexan pegañentos (como ti mesma dixeches) son... non sei... máxicos! =)
en canto ó obradoiro gustaríame formar parte tamén, coa esperanza de mellorar =)
Bicos!