estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

10 maio 2008

sentimentos

Voume,voume lonxe
co pensamento
a un sitio grande
de xente sinceira
humilde e boa,
vou buscar un lugar
onde calquera me queira
sen medos,tal e como son
por dentro e por fóra
home ou neno nunha soa persoa
hoxe voume,voume lonxe
onde alguén me queira.

3 comentários:

SilviA*!! disse...

gústame a estructura porque case é cíclica xa que comeza e remata cas mesmas verbas..
e os sentimentos que expresa.. todos queremos liberdade e desexamos sentir que os demais nos aprecian e queren tal e como somos (ese lugar xa o tes cerca.. non tes que ir moi lonxe ;P)
é un poema precioso!!
bszs =)

xenevra disse...

certamente moi ben expresado, contundente. Aparece un verbo de movemento como tópico do poema "voume", para levarnos por uns versos que nos atan na inmobilidade. "voume" repite unha e outra vez facéndonos saber que non se vai, que segue aquí, que unha cousa son os pensamentos e outra os actos. Quérome ir, lonxe, pero aquí sigo, porque o que busco é ficar aquí mudando o que produce os medos. Ficar aquí con xente sincera, con xente que me queira.
Xeniaaaaal

->André Ramil Eiriz- disse...

Non te nos vaias!!! =) un poema moi chulo, coma ben di silvia parece unha maneira ciclíca co remate comezo das palbras. Buscas un cambio radical da ideoloxía de unha persoa perfecta, unha moi boa crítica, quen te queira que te queira como sexas...

Saúdos!