estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

29 maio 2008

a serea achando o seu mar


A SEREA ACHANDO O SEU MAR


Quixen ser serea pero

faltábame un mar onde nadar

quixen ser fada pero non

puiden facer os teus desexos realidade.


Agora son dona do vento

da lúa e do sol porque

cada un apórtame a enerxía

para chegar xunto a ...TI


Comezarei por poñerme fermosa

buscarei amiña esencia

para deixala o meu paso

para deixala na túa pel.


Pasarei a buscarte

vivirei ó máximo, disfrutarei

da maxia que me da a lúa

e xunto coa noite:VIVIREITE.


Será unha noite máxica

unha noite para non esquecer

poseerei a lúa e o teu corpo

como dona da néboa que cobre

o meu rostro


Enxugarei os meu beizos

na túa mirada

nadarei no teu corpo

como serea que non atopou o seu mar

pois nada aqui deixovos un dos poemas máis fermoso que a miña compañeira Noelia compuxo.esperoq eu o disfrutedes.......

Um comentário:

xenevra disse...

magnífico; sen máis.