estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

08 maio 2008

Este foi o meu regalo...


Hoxe preciseite de novo,
vaga luz que azoutaches a miña vida.
Daría o imposible por terte aquí,
sentirte de novo, outro día.

Foi nun intre, tan só niso...
Logo dun bico longo...
Cando me decatei do que acontecía...
Voaban milleiros de bolboretas fuxitivas.
Entrabas no meu corazón,
e xa non sairás xamais...

E quixente. Quixente tanto dende entón.
Non preciso de buscarlle un nome: "decir, se é amor?"
Este sentimento que me mata,
que enche a miña cabeza de dúbidas ao recordarte.

E recordo...

Momentos malos e bós,
nos que xamais deixei de amarte.

E hoxe,
a pesar da distancia,
nas miñas retinas
a túa mirada segue a engaiolarme...

2 comentários:

Anônimo disse...

ooooooooo q bonitoooo!!=P
bueno este é claro poema deses que afirman que o amor a distancia poder perdurar!! e que se pode vivir como se estivese no mesmo lugar....

ai estamonos volvendo todos moi poéticos!!jeje

bicos

xenevra disse...

Outra vez os ollos e o amor, a luz e as bolboretas. Algo terán estes tópicos que sempre se enredan nos poemas amorosos