estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

25 maio 2008

ti e máis eu



Ti e mais eu,
nunha noite estrelada.
E a lúa observándonos.


Logo chegou o amencer.
Tivémonos que despedir.
Pero nunca poderei esquecer
todo o que esa noite sentín.







Agardo...
Agardo volver a verte
...
só iso,
agardo estar contigo
outra noite estrelada.





Bueno aquí tendes outro poemiña de MIRIAN (o 2º xa!! imos progresando!! ;))
Espero que lle comentedes moito..
E que os que non virades o outro vos atrevades a pasar po el.. porque seguro que tamén vos gusta!! =) [creo que era "Soidade" e cunha foto dun banco.. se non recordo mal ;)]
Eu marcho xa!!
Bicos :)

4 comentários:

Anônimo disse...

grazas! =)

SilviA*!! disse...

de nada mona.. para eso estamos, non? =)
que che vou a dicir eu a ti!!
que me pediches que che comentase e aquí me tes!! ;))
o poema paréceme chulísimo..
transmiteme a ausencia dese "amado" e as gañas de que volte ;).. e.. non sei como dicilo.. paréceme que o feito de que a lúa os observase di máis que miles de palabras explicando todo o que estaba a pasar =).. jj..
non sei que máis dicirche que non tes que mellorar.. simplemente.. seguir ;)
bkñssss

xenevra disse...

Entre os silencios que deixan a ausencia de palabras e as distancias, nacen esperanzados os teus soños de noite estrelada.

Anônimo disse...

jo pos q decir deste poema q xa explica todo!!bueno a verdade e q me encantou porque di as cousas sin dar ningún rodeo...e iso encantam,porque che fai sentir o poema moitisimo máis!!

bcos!!