estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

10 maio 2008

Síntome aturado,afogado.
Séntome só, en silencio.
Síntome cheo,pringado.
Séntome con Florencio.

Florencio presenta uns síntomas:
síntese só,despavorido,
non se senta,
por medo a ter síntomas.

Agora non ten síntomas,
segue sen sentarse,
non sente,
non ten sentimentos.

Sentes o mesmo que Florencio,
logo tes sentimentos.
Bueno,renovo eu por primeira vez,con este "poema" feito en 5 minutos,pero que lle gustou a profesora por non me acorda que era,e polo cal vós tedes que facer un parecido utilizando palabras de estructura parecida.Nada máis,espero os vosos comentarios

3 comentários:

SilviA*!! disse...

gústame o xogo de sentir e sentarse.. jajajaja =)
pensei que me daba algo na clase cando mo ensinaches!!!!
o único que me mata un pouco é o de "sentome con Florencio" pero bueno.. do que se trataba era de que rimara non?? ;)
está pandiguísimo!! =)
bsñs

xenevra disse...

ou quizais o de Florencio é unha chiscadela dalguén que quere rachar coas normas da poesía. ás veces as palabras só son xogos.

->André Ramil Eiriz- disse...

Enorme!!! a verdade qe pa ser feito en 5 minutos non ten duda... non lle atopo moito sentido, pero o xogo coas palbras pareceme entretido. Segue escribindo, e xa sbes, hoxe sesión de poética mutua! =)
Saúdos!