estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

01 maio 2008

por ti!!!!!!!!!!!!!!!!!

o noso amor é tan forte
inseparable e cheo dunha forza inagotable
como as ondas do mar que baten
e producen unha espuma como a que se nos fai na boca
de cada un ao xuntar as nosas linguas embravecidas
que se asemelllan á loita de dous leóns furiosos
o noso amor é como unha fonte que nunca deixara de botar auga
sempre será continua e fermosa como es ti,
a auga corre polas pedras como as
miñas mans suorosas de tanta paixón corren
polo teu corpo de princesa en busca da maior felicidade posible
a cal me fai tremer no momento máis interesante para os dous:
ese momento no cal ti e máis eu esgotamos a nosa forza ata o final
coa maior delicadeza e ansia posible.
por que ti es como a auga que corre pola miña boca
como un par de ollos enlouquecidos que non paran de mirarme
ata conseguir o que queren
que é estar contigo toda a miña vida::




pois nada este e poema que o compuxen para unha rapaza que quero moito moitisimo.......
que vos parce?????
a por certo susana podesnos poñer un teu, da tua propia creación!!!!






adeus

bikiños

2 comentários:

SilviA*!! disse...

guau!!..
non sei a quen lle adicarías ese poema tan bonito!!..
é precioso..
cargado de sentimentos de paixón e de loucura.. =P.. igualiño ca ti!! jj..
e tes razón..
a ver cando susana se atreve a deixarnos un poema dos seus que de seguro son estupendos tamén =)
bicosssssssssssssssss

xenevra disse...

Paréceme unha pasada a forza que transmite. Case nos deixa ver os corpos suorosos e os sentimentos rebordando. Xenial expresión!!!!
(podo achegar unha suxestión?? é que é un poema con tanta, tanta forza que iso de "o momento máis interesante" produce como unha caída na expresión. Poderías dicilo con outras palabras?? Tal e como o sentes, que non creo que sexa "interesante" ou??)
Es enoooooooorme!!!