estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

02 maio 2008

CEO

Ti es o ceo,
e toda a claridade.
Eu, unha estrela máis,
pequena e insignificante.

Na túa inmensidade,
brillan centos de estrelas.
Pero de entre todas elas,
ti só escolliches a esta pequena.

Que ten?? Dime..
Que ten a miña claridade??
Se eu son a máis pequena...
a máis insignificante...

Sempre vivín ao teu carón,
sempre, e sen decatarme.
Temín non ser vista,
que puideses ignorarme.

Agora que me descubriches,
agora
deixas de ser un soño
pasas a ser unha realidade.

E aínda que son pequena
e brillo menos ca elas,
ti sempre estás aí
e en ti podo atoparme.

Eu quixen ser estrela,
mais non insignificante.
Competidora da lúa,
fermosa e elegante.

Dime que atopaches,
en min, que buscaches.
Pois eu sigo pensando,
que son estrela pequena,
e insignificante.

De tódolos ceos, en ti atopei a verdade.
Porque sempre serás o máis lindo,
o máis grande.
Porque cada día descubro
un novo oquiño en ti..
Cheo de amor, e de bondade..

E que importa o que me digan??
Se eles non saben, o que eu de ti.
Se a eles nunca os bicaches, nunca os tocaches,
como me bicas e tocas a min...

E é certo que te quero,
e nunca me cansarei de dicircho,
se sei que tan só eu te amo,
se sei que tan só ti me amas..

A lúa, por crerse grande e brillante,
descubriu que non é unha estrela.
Unha estrela pequena, por crerse insignificante,
atopou o ceo, nuns ollos máxicos amantes.

Este é o meu modo, de dicircho un día máis.
Ámote pequeno, ámote como non amei xamais.
E oxalá que o noso conto dure eternamente,
porque ao teu carón, cando ti falas xa non teño frío.




aquí vos queda este poemiña......
que escribin para alguén moi especial ao que quero moitísimo...
e que xamais olvidarei =)*!!
bicossss

2 comentários:

Anônimo disse...

grazas silvia ,sei que o poema vai dedicado amin.eu tamen te quero ben o sabes sabes que me teras ai po que queias e que xamais te olvidarei amote,bikiños:::grazas e moi bonito
bikos miña pequena de ollos máxicos.....

xenevra disse...

"A lúa, por crerse grande e brilante,
descubriu que non é unha estrela.
Unha estrela pequena, por crerse insignificante,
atopou o ceo, nuns ollos máxicos amantes."
Paréceme maravillosa esta estrofa dentro dun poema tan fermoso. Recolle a idea inicial, non hai estrela pequena que o seu briLLo mereza ser cegado, non hai amor oculto que poida ser ignorado. O sol todo trae á cara vista da lúa ;)))