Para atoparme a min mesma
busco esa parte de min
que sempre me queira seguir
que non dubide da miña presenza.
É difícil atoparme, soa, entre tanta xente.
Será extraño separar por primeira vez
todo o que teño en mente,
todo o que está por suceder...
Abre o corazón
e dime
¿que ves?
Recorda que temos ese privilexio
e nunca deixes de soñar.
O mundo agradeceracho
e serás feliz.
Pensa que se te cuestionas cada xesto
e reprimes os desexos
fallaraste a ti mesmo
caendo así no erro...
Non penses "¿cara onde?"
VIVE
cara onde queiras ir...
2 comentários:
a primeira estrofa é rotundamente marabillosa!!!
wow
wah!!!jo q bonito!!!encantoume o final!!! q enerxia máis positiva desprende!!buf!!quedei asombrada!!
sen máis palabras!
bks
Postar um comentário