Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...
Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.
como un bó poema de amor expresa todos os sentimentos que este provoca.. ademais.. demostranos (aos que somos incapaces de chegar a ningún lado sen facer un montón de versos xD) que con unhas liñas abonda.. paréceme rotundo!! boísimo =) krte*
3 comentários:
pois pareceume que o texto gritaba por entrar na foto (glups). Se fixen mal, sorry. só tes que eliminar esta imaxe e poñer a que staba.
Respecto ao Haikú... pois iso, cumpre as características requeridas polos xaponeses. Que vou dicir eu, pois??
como un bó poema de amor expresa todos os sentimentos que este provoca..
ademais.. demostranos (aos que somos incapaces de chegar a ningún lado sen facer un montón de versos xD) que con unhas liñas abonda..
paréceme rotundo!!
boísimo =)
krte*
Como ben di Susana un poema non necesita ser moi longo para expresar moito... ti neste conseguixelo!
Saúdos!
Postar um comentário