estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

25 maio 2008

xogo de terzos

medrarán nos dedos palabras
de silencio rebelado
nas reixas da túa mirada

racharei versos de futuro
no canto amargo
das vidas recuperadas

resucitarei desexos mortos
de cinzas perdidas
nos muros pétreos milenarios

andarei universos eternos
nos ollos negros
daqueles corvos cómplices

...para o noso amor!!!





Simplemente un xogo na combinación de estrofas de tres versos que menteñen estruturas sintácticas paralelísticas. Cales??
Hai un recurso fónico evidente no poema (ou pseudopoema), podes oílo??

5 comentários:

Anônimo disse...

oas!!pos eu o paralelismo non me dou conta de cal é... bueno hoxe tampouco estou moi inspirada...jeje
pero o sonido eu creo que e o "s"... dando asi unha especie de rastro que queda o lelo...

1bk

xenevra disse...

son dous sons. Un, acertaches.
O paralelismo é sintáctico e visual ;))

SilviA*!! disse...

g�stame moito o poema en xeral!!
eu penso que os sons son o "s" (como ben dixo Ague =)) e o "r"..
e non sei g�stame tam�n a forma que segue o poema.. do paralelismo ch�mame a atenci�n que cada estrofa comece cun verbo en futuro :) delicioso!! ^^
bk�s
PD: se todos os d�as desta semana da poes�a son como o primeiro.. ser� tremendoooo!! =).. pedazo traballos rapaces.. impresionante ;))

xenevra disse...

exactamente!!!
temos os sons e parte do pararlelismo ;) ánimo e a por máis.

Noraboa pola expo

Anônimo disse...

ola!! A min o poema tamén me gustou moito. Os e danlle un "toque especial",que te envolve.Antes de ver que os sons eran o "s" e o "r" tamén me parecía que podía ser o "d" ..
Tamén me chamou atención que hai varias palabras ó final do veros que rematan en -ida, -ada.


por certo! a min a exposición tamén me está gustando moito!! ;)


bicos.