estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

12 outubro 2008

msn enredado




chea de ver as herbas mexadas dos teus pés

quero morrer no teu peito

abrazada a ti, contigo

sentir como arde o desexo nos teus dedos

suspirar o teu aire

esperar a q a vida xegue a por nos...

morrer nas vendimas do soño da miña xente

non soltarte xamais!

escoitar poetas q escriben poesia nas noites de inverno

nas noites de inverno

q só nos importemos o un o outro

amando sen prohibicions

amandonos sen limites

nun enorme mundo

escoitando os teus pasos cara min

buscando un lugar na adversidade

furarche os beizos coas ghañas q teña de q a lúa non fuxa

recordando as tuas caricias,

os teus bicos

desfacendo os desexos

recordandote a ti, os dous

agarate no lugar onde se perde o mundo

vivams cada minuto cm se fora o ultimo suspiro xuntos

como se o sol perdera o seu calor

sumerxirnos nun bico eterno...

como se a lua escrbira cancións de pop-rock

sen soltarnos

mirandonos os ollos

nunca, sempre abrazados!

vaciando a soidade

bicandonos, amandonos

ti e eu, xuntos

eu,amarrareite tan foteq respirarei só polos teus pulmons

loitando por nos

mirando a diante

sen chorar

por estar sempre xuntoos!

sen mirar as kostas

ti as miñas e eu as tuas

sen importarnos o resto do mundo

solo ti e eu

pasndo x enriba d todo

e bicarnos baixo a choiva

vouche escribir cancions de mel kos meus beizos nese lugar onde se perden o norte e o sur

nos teus beizos

baixo a neve

baixo o sol

baixo os raios de decembro

olvidando as vaguedades

olvidando o tempo no q vivimos

esquecendo os vellos amores

sen limites a olvidar

lembrando todo o q qixems olvidar

volando o q nos espera

sen nada q decir

un mundo so para ti e para min

dicindo todo cos noss corpos

no q a unica fronteira

sexmos nos,

o noso amor

a nosa vida

os teus desexos

a miña liberdade

viaxando a deriva dende o noso amor

para vivir un soño eterno

ata o fondo das nosas gorxas

coo as noites q pasei sen ti

buscandonos

amandonos baixo as estrelas nunha noite de verao

só co rumbo dos noss corpos

escoitansote cantar estrepitosamente cando te duchas

loitarei x ti ata o ultimo suspiro q me qde na gorxa

deixando as loucuras sen arrepentimento

nun mundo no que xe poda berrar QRTEE!

e sentir as tuas mans facendome corazóns na procura dun amor q non pode medrar máis*


Noelia, Laura, Sofía, Alba

28 setembro 2008


Camiñando estaba,
o día que te coñecín.
Percorrendo as rúas
deste barrio gris.

Baixo a choiva
me atopaba,
nun día eterno
sin fin.

Ti chegaches
cun paraugas,
que abriches
só para min.

Así pasaron as horas,
seguimos a camiñar.
Xuntos
ata o final do mar.


...


espero que vos gustase
sil&love

19 agosto 2008

felicidade

Unha felicidade
que moitos pensan que non merezo.
E eu,
que quero seguir loitando.

Cando penso
Que todo perdeu a cor da que antes presumia
Que a miña vida se tronzou en dous
Dous camiños separados e afastados…

Alguén berra o meu nome por detrás e xirome a preguntar…
O sol brila alá arriba
Descubrindo as cores do ceo.. azul, e da herba.. verde.

Pensei…
que morrería daltónica,
ou vendoas sempre en branco e negro…

Como puiden sorrir e ser feliz
Por un intre
Cando se achegou e me dixo…

“Descubrin… que tes os ollos verdes, que bonito”

E así sego recordando aquel día....






((algo escrito xa fai un tempiño..))...

22 junho 2008

olvido

Onte
Decidimos
Incitarnos ao
Olvido
-
Ti vaste,
E eu sintome mellor.

Porque un día daste de conta de que nada mereceu a pena...
Qrvs =)

21 junho 2008


Véxote na distancia
e penso:
De verdade é isto o que quero?
Porque me alonxo de ti sen pretendelo?
Porque me alonxas de ti?

Soa diante do do espello,
así pasan as horas, buscando o meu reflexo.
No meu caderno,
non atino a escribirche
nin un só verso, de amor.

Isto non deixa de ser
outro día de inverno
no que faltades ti
e o teu alento
na miña caluga

Que será de min
soa no silenzo?
Así pasarán as horas
sen sabelo.
Fáltanme, os teus bicos lentos...

Descoñezome


Xa non me coñezo
porque deixei de sentirme.
Perdinme a min mesma
por seguirte.
Por pensar que sí
por crerte aquí.
Por sentirme ben ao verte
sego a perderme.

Descoñezome
esquecinme de todo canto sabía de min.
Eu, que sempre fun canto tiven
agora perdinme.
Aborrezo a este nena pequena
que se empeña en querer,
en sufrir,
en perderse nun acto tan suicida...


Non sei quen son
...

17 junho 2008



Sabes que con só mover unha mán...

...axudarasme a voar...

ou matarasme.




QUE farás agora QUE sabes QUE son tan débil??...

16 junho 2008



Eu nada
máis quería
pintarche un
corazón...




.....pero
..............as bágoas
........................desdibuxaron
................................................................as súas liñas.



Oa de novo!! ^^
Aquí vos deixo este poemiña.. Para que me digades se vos gusta...
Grazas por axudarme a aprender tan rápido... Pois sen este blogue non tería sido posible =)...
Bicos!!
SilviA*!!

12 junho 2008


Hoxe comezo a sentir
Danza de estrelas que atraes a min,
Soños de princesas que estamos aquí
Miroas a elas
E aínda que non esteas
Sintote aquí

Fugaz desexo de amarte
Vento que azouta os meus cabelos
Vexote no ceo
Sintote aquí
Coma se existises de verdade
Podo imaxinarte

¿Cómo atopar a verba
exacta
que me leve a ti?

Quizais penses que non hai esforzos
Que podo chegar a ti
Con desexar voar
Pero como voar, amor,
Como sen ti?
Se ti es as miñas ás?

(13/04/2008) ti,tan só ti

13/04/2008

ti,tan só ti

cansa,triste,sola e aburrida
asi pasan as tardes de inverno.
hoxe chove
chove para os namorados
para que os namorados choren.
fai frío
e eu pérdome nos recunchos desta habitación.
as noites xa non son o que eran
agora xa non estás
xa nadie me pode dar os teus bicos,
xa non me podo escapar para a túa cama
e que me des os abrazos inesquecebles,aínda os lembro...
sabes???
cortáronme as ás
e agora xa nn podo voar...
agora só vivo para marchar contigo...
esa é a viaxe que máis desexo!!!
si,para estar o teu lado...
para repetir eses abrazos.
ti es o único k tiñas ollos máxicos
e deixáchesmos...só a min
gardareinos,coma o maior tesouro da historia da humanidade.
todos pensarán que este é un poema para un
amor pasado ou presente
pero eu ben sei que ti es o único,o único que amrei,o único que me amou...



dentro de min,eles brilan máis ca o sol...


lémbrote



...............nadie morre mentres alguén o recorda...........eu recordareite sempre...............................................





autora: Alba

4

Apuntes con olor a lío

Chejáronme os apuntes e ulinos

Ulían a ti

Ulían a recordos…

Ás túas mans recorrendo o meu corpo

Ó teu sorriso de lúa escura

Ós teus beizos

A túa cara

A ti...

Lembreime de ti e de min

Dos nosos corpos unidos coma dúas lamaradas de lume

Dos meus dentes mordéndoche o pescozo

E a miña lingua lambéndoche as orellas

Das túas caras de pracer,

Dos nosos bicos

Das nosas linguas coma enrredadeiras

Das miñas mans cravadas na túa espalda

De ti mordendo os beizos

Dos meus berros e dos teus...

Das nosas miradas sinxelas

Dos teus fortes abrazos

Das túas mans percorrendo o meu corpo

E das xemas dos teus dedos tocando as miñas pernas

Lembreime tamén dos teus rizos agarimosos nos meus dedos

E do segundo caixón da mesiña de noite,sempre cheo de esperanza

Do espello do pasillo

E da silla da habitación,

Das esquinas da cama,

Do ascensor

E do terceiro andar

Dos teus querote

Dos meus ámote

Do teu nariz e o seu ni-no

E de t dicíndome:sempre estarei contigo...

Recordei que fun maestra

E que tamén fun gata

Enchin a cabeza de recordos fermosos

E intentei olvidar por un intre os que me fixeron chorar...

--------------------------------------------------------------

Autora: Alba

3

Pequeno

Si ti

Pequeno

Eu son grande

Grande por dentro,ti

Pequeno

Eu son a veces tola e outras

Lamento

Eu son eu ti

Non es nada

Eu son flor ti

Pedra

Eu son lágrima no deserto ti

Area

Eu son soño ti

Pesadelo

Eu son vida ti

Morte

Eu son estrela ti

Meteorito

Eu son bolboreta ti

Cortachesme as ás


autora: Alba

2

Lévame a ese lugar onde sempre soñei

A ese onde as estrelas só brillan para que eu,sorría

Onde o mundo para, para estarmos xuntos

E as flores lembran o feliz que fun.

A aquel recuncho onde me prometiches ir,

Onde ti non me deixas chorar

E fas que todo o que lembre sexa bo.

Nese lugar amarémonos coma nunca

Esquecerémonos de todo e de todos

E tan só estaremos ti e máis eu...

Lévame pero non me traias

Non quero volver aquí

Quero estar só contigo e simplemente,escoitarte

Escoitándote pásanme as horas.

Quero vivirte un sábado máis.

NON, quero vivirte cincocentos mil sábados máis!!

Para que mentirche?



autora: Alba

1

Ódiote

Tanto

Que todas as rosas

Que

Collo na man

Secan.



autora: alba

POEMA 4

O meu obxectivo son os teus sentimentos,
un a un, do meu a ti,
rindo tristezas,
chorando sorrisos,
o meu obxectivo es ti,
e só ti, para amarche.

Son tempos para sentirnos
canto ti e eu estamos a soas
e o tempo non existe
nin existe o final
só nos miramos
para bicarnos e amarnos
sen que o mundo móvase
envidioso do noso pracer.

autora: Sara

AMARGURA

Amargura é a miña vida,

a miña casa,

o meu refuxio.

Amargura son eu,

sen ti,

con eles,

o meu corazón.

Felicidade son eu,

contigo

pero sen min.

Ti eres a miña chama,

a que me quenta por dentro

pero tamén por fora.

Corre!

Ven comigo!

Compra dous billetes

vámonos ben lonxe,

dame unha boneca...

pero, quédate sempre ao meu carón.

autora: Sara

POEMA 2

Cando o día da morte se achegaba

vin unha luz cálida cara min

ti, cunha sábana branca e eu oín

un xílgaro que doce cantaba.

Esa canción que tanto namoraba

agochado co pracer que eu sentín

por conseguir atraerte cara a min

cando o sol da tarde se alonxaba.

Non era o día da morte aínda

pois esa era a gran felicidade,

un soño que non tiña boa pinta.

Non entendía a nosa amizade

e escribín coa túa negra tinta

as mil palabras da nosa verdade.

autora: Sara

ESQUECINME

¿Telos feitos?

Esquecinme...

só con mirar os seus ollos,

esquecinme.

Levantei a cabeza

con medo e vergoña,

comecei a pensar

pero xa non sabía o que acababa de dicir.

Esquecinme.


Autora: Sara

11 junho 2008




Precisote aquí
Serei quen de escapar??
De fundir o xeo
que azouta a túa alma...
Deixame regalarche unha canción
que sexa parte de min...
Cortar un pedaciño da miña alma
e entregarcho aquí...
Esperando un bico longo
que veña de ti
atópome dentro,
e xa non podo
fuxir
Quizais non queira saír
nunca máis.
Atrápame como atrapas á
vida
Deixa que quizais se
escape un
sentimento
deste corazón....
E sorría =)
Ámame como amas ao sol...
A este forte corazón...
Non fagas caso...
Se che digo que debo marchar...
Porque por ti, aire, auga, terra.......................lume
Mastiga esta sensación que
ven de dentro...
Verás que sabe agridoce.
Quizais debo deixar que
volte a min o
fantasma do amor.
Ela é o único que teño
esa nena pequena que
segue a formar parte
de min.
Rompe os meus soños,
esnaquiza os meus sentimentos.
E xa non podo máis.
Perdida nos brazos do
destino....
Agridoce.
Non deixarei de insistir
estou poseída por ela,
non podo deixar de
ser esta nena pequena...
E quizais.. algún día
comprenda porque sabe agridoce,
porque quero ser así,
porque sego insistindo.
Porque non marcho?
Porque non desisto?
Porque te preciso...
Ás veces quero ser
eu..
Agridoce.
Estar soa,
ser libre.
Outras ela poseeme
e quizais queira quedar
aquí.
Perdida nos brazos do
destino.
Rompe estes sentimentos encadeados
a min.
Sego perdida nos brazos
do destino.
Agridoce..
Podo atoparme a min mesma?
Agora que o amor
me atopou.
Quixen buscar un día
a aquel que dixeron
que sería o príncipe
azul
da miña
vida,
Pero o amor dixo
NON..
Cando pensei que xa
o tiña
Sentin que el non
era
coma min
debía seguir
Porque o amor dixo
NON
Chorei porque o amor
dixo que non.
Quizais, pensei. non valía
para iso.
Perdería todas as partidas,
ata que atopei o
ceo..
Son máis del, que
de min,
débolle
a existencia
a vida
o sorriso
a felicidade
un sentimento,
non cres?
Suxeitame
antes de que esta

forza
me desfaga
Aprende que cos erros
se medra,
ti podes ser alguén.
Atópate.
Suxeitame.
Agora entendin porque o
amor
dixo non,
El non era,
ti si..
Suxeitame…
E eu..
seguirei sendo pequena, poseída
por ela...
Agridoce.
Esta pequena estrela,
desfeita
pero agora sen condea
Porque
rompin fai tempo as
cadeas.
Amor,
suxeitame.
Porque caio?
Porque?
é tan difícil?
Levamos tanto tempo esperando
Estamos tan
ansiosos por estar xuntos.
Morrerías por amor?
Amor, non podo facer
nada
por cambiarme.
Por cambiar.
Son parte do ceo
pequena estrela fugaz
Comprendeme
Comprende a este sentimento
Agridoce
E fai que o
Amor diga que si
Suxeitame

Así que
ceo
agora mesmo rompo o
xeo
como podo comezar?
bueno, poderás entenderme?
Sabes o que quero
expresar?
o mundo torturoume
tantas veces
e…
durante tanto tempo, que
xamais poderei perdoarllo, xamais..
Porque
Hoxe
quérote
Hoxe dixen quérote e
preciso de todo o
que me fai sorrir
de ti
dos anxos que me
axudan a
vivir, que
están ahí
que son de verdade
que cren na amizade

Soa non podo seguir

Pero hoxe non teño
medo de seguir vivindo.
Pero hoxe seguirei
camiñando.
Amor, se ves comigo
serei perdoada.
Non terei que marchar..
Non podes ver
que os meus ollos están brillando
agora mesmo para ti
e que podo continuar
por ti.
Que nada me axuda
máis
que unha verba que
saia da túa boca.
Que un sorriso que
escorregue polos teus beizos
ata min.
Amor, se te quedas,
as sombras olvidaranse de
min.
Non teño medo de
seguir.
De camiñar soa hoxe,
pero..
Amor, se segues aquí
olvidaranse
Serei libre.

Agora mesmo non podo
escapar
sen ti.
Agora mesmo non podo
escapar
sen ti.

Agora mesmo..
.....

Teño

o meu verde

e o teu azul

nos meus dedos.

Pero precisote aquí
Serei quen de escapar??



é un poema bastante largo e aburrido..
pero gústame..
non sei porque..
porque o fixen escoitando as miñas cancións favoritas..
collendo un pedaciño de cada letra..
e saiu esto.. un pouco raro.. sí.. xD..
pero espero que me digades o que vos parece??
bsñssss
qrvs
(ahh.. e Susana tiña razón.. ata eu mesma me dou de conta agora de que emprego constantemente os mesmos tópicos, a nena pequena, o verde, os ollos, o mar, o ceo, a estrela... jo.. xD)

04 junho 2008

03 junho 2008

Ela



Ela tiña...
.
.
.
.
Un mar de auga corrente
no ventre,
nos ollos
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
a cor da espranza...















Espero que vos guste tanto este "poema" como a min ;).. Simplemente saiume.. xD..
A ver se alguén ten tempiño para comentarlle.. xD..
Sorte a todos cos exames!!
Biikiiños!! =)
^^

31 maio 2008

Hoxe vou a falar..Rematou o tempo de calar...



Vou falar
...........e direiche,
que rematou o tempo
.....de calar.
Porque xa non quero
...........esperar,
para poderte amar...

E que para ti serei
............ aire
.................... terra
.............................. auga
......................................... lume..


Todas esas verbas descoñecidas
da paixón
................e do desexo...

Que se atopan no que tentas olvidar
soños
................e felicidade...

..........Sensacións
que me fan
...crer
que o mundo deixa de
..........existir
se ti non estás
...........................amor...

Algúns non poden imaxinar o mundo
sen vida..
Eu non podo imaxinar a vida
sen ti...






Ben pois a verdade é que este poema non me gusta moito.. =(.. Pero aquí queda para que opinedes del... Como podería melloralo?

Bicos!! Qrvs!!
(E agora??;))

30 maio 2008

Sen horizontes...


Era un día máxico
sen fronteiras,
sen horizontes.

No que as amigas,
un anxo delicado
e moi fermoso,
axudaban a pechar
as feridas.

Fixeronme sentir parva.

Estaba desexando
deixar de ser nena,
precisaba ser muller.

Todo fora unha farsa,
pero partiuno,
plantandolle cara,
cuspiulle, olvidouno.

Deuse conta de que
non precisaba
aquel cabaleiro de ouro.


Ola, pois despois de bastante tempo sen subir ningún poema por falta de tempo..aqui volvo estar..O poema é o que lin hoxe no botellón poético e fixeno no obradoiro de poesía a partir de palabras soltas..e iso foi o que saiu..espero que me digades que vos parece..
bicos.

29 maio 2008

odio-te

comprobei que desde o amor ó odio só hai un paso
volverei amar...


autora: Noelia
grazas os meus que me apoian
volvo ser a presoa que un dia se foi...porque eles...
deronme forzas paa escriche este poema...
porque coas miña entrañas xuro volver amara pero nunca a un ser coma ti...porque insisto que non merezo ser humilllada por un malnacido!!
porque amar é un mundo marabilloso no cal quero volverei vivir..
para un ser desprezable...

volverei amar

COMPROBEI QUE DO AMOR Ó ODIO SÓ HAI UN PASO
VOLVEREI AMAR...

Ameite,sentinte...fun sinceira, din todo por ti...

por un desgarciado que só soubo mentirme,desfacerme a vida

As miñas notas volvéronse ruins,a miña ledicia acabouse,

o meu ser afundiuse co meu sorriso e a miña vida deu un xiro de 360º

o maldito día que nos enredamos!!!

Vivín tres anos de idas e vidas e entre amor e odio

sen pode olvidarte e agora qeu o lograra volveches como sempre

para utlizarme,confndirme

para que non ame a outro ser maís que a ti pero chegaches tarde á meta

porque eres só un recordoe seguiralo a ser

o que fixen o sabdao foi deixarme levar polo etílico

o amor que un dia sentin acabose para min non significou nada

pero unha cousa farei por ti

mandareiche o diaño cos meus sufrimentos

porque a túa maldae e o teu egoismo

causaron en min o océano mais inmenso de auga

no que quixera que te afundses

chorei por ti, por o teu semblante, por o teu ser

por apersoa que maei e que agfora desprezo

portei durante moito tempo a cruz cara o calvario`pero agora

a cruz está no seu lgr...cravada no chan...

porque nunca odiei a ningue´n e tes o privilexio de ser o pprimeiro

eu sont res a seres a vez

serea gata e noelia

antes

cando fun serea caianme as escamas e

cando fun bgata as unllas...todo por cusa tua

agora son tres serrese sigo sedo eu mesma

porque emerxin do fondo e sain á supreficie

porque saio coa lú chea

porque maullo e rabuño... porque a alvaxe volve vivir.

mares no recordo

SEMPRE PERMANECERÁ O RECORDO...
Quedamos sós...nós os dous...mirámonos...
que facer un sábado ás catro da madrugada...cando ninguén esta cordo?
o etílico podía cos dous...
e ti leváchesme a experimentar o corpo do desexo... na escuridade...
apartáchesme o cabelo...
bicáchesme enlouquecido
a túa man baixou dende a nuca
pola espalda até o epicentro do meu ser
os teus dedos rozaban os meus labios
producindo un proceso complexo en min
eu palpábate...
as miñas unllas eran coitelos recén afiados
deleitamos dos nosos corpos
até que unha parte de ti copulou no meu hipocentro
ardendo
a estimulacíon era incondicionada...era perversa...
fundimonos un no outro como a manteiga no lume...
aquela noite será inesquecible,irrepetible
quela noite algo entrou en min
fíxome brincar,suar,berrar...
era unha reacción química perigosa
sentirame poseida... non fora eu porque esnaquizara oi teu corpo...
eu como serea que son
nadei nun mar de sensacións
e como gata brinquei
en busca da presa maís substanciosa
entre todas as desexadas por o meu ser...

a serea achando o seu mar


A SEREA ACHANDO O SEU MAR


Quixen ser serea pero

faltábame un mar onde nadar

quixen ser fada pero non

puiden facer os teus desexos realidade.


Agora son dona do vento

da lúa e do sol porque

cada un apórtame a enerxía

para chegar xunto a ...TI


Comezarei por poñerme fermosa

buscarei amiña esencia

para deixala o meu paso

para deixala na túa pel.


Pasarei a buscarte

vivirei ó máximo, disfrutarei

da maxia que me da a lúa

e xunto coa noite:VIVIREITE.


Será unha noite máxica

unha noite para non esquecer

poseerei a lúa e o teu corpo

como dona da néboa que cobre

o meu rostro


Enxugarei os meu beizos

na túa mirada

nadarei no teu corpo

como serea que non atopou o seu mar

pois nada aqui deixovos un dos poemas máis fermoso que a miña compañeira Noelia compuxo.esperoq eu o disfrutedes.......

ollos




OS TEUS OLLOS PEQUENOS


ERAN PROFUNDOS E AZUIS


CHEOS DE VIDA.




OS MEUS ERAN MÁXICOS


CHEOPS DE MAXIA


CAPAZ DE NAMORARTE.




XUNTÁRONSE E FORMARON


UNS OLLOS DE OUTONO


SILENCIOSOS


QUE SE AMABAN


CO LOUCURA ATA O


FIN DOS SEUS DÍAS.



ESPERO QUE VOS GUSTE E A CONTINUACIUÓN UNS ,DA NOSA POETA "NOELIA" DE 1º DE BAC

ti


SUSANA DI QUE A POESÍA

HAI QUE VIVILA E SENTILA

EU XA A VIVÍN E SENTÍN

O TEU CARÓN

PORQUE

POESÍA ES TI.


AÍ QUEDA OUTRO ESPERO QUE ME COMENTEDES .JEJJE VEÑA ADEU BIKIÑOS

o corazón





GÚSTASME TANTO, QUE CHE
COMERIA O CORAZÓN.
POIS NADA QUE ME SAÍU ESTA FRASE E DIXEN PORQUE NON PODE SER UN POEMA ????? E QUEDA ,ESPERO QUE VOS GUSTASE XAO
ADEUS
BIKIÑOS





...eu soñei cunha princesa...
soñei cuns ollos fermosos
con forma de estrela,
soñei cuns ollos verdes profundos...
coma os dela.


soñei con miralos
bicalos
soñei con
poseelos

...


pero dixeronme que verdes,







non riman.