estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

12 junho 2008

POEMA 2

Cando o día da morte se achegaba

vin unha luz cálida cara min

ti, cunha sábana branca e eu oín

un xílgaro que doce cantaba.

Esa canción que tanto namoraba

agochado co pracer que eu sentín

por conseguir atraerte cara a min

cando o sol da tarde se alonxaba.

Non era o día da morte aínda

pois esa era a gran felicidade,

un soño que non tiña boa pinta.

Non entendía a nosa amizade

e escribín coa túa negra tinta

as mil palabras da nosa verdade.

autora: Sara

Nenhum comentário: