estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

22 junho 2008

olvido

Onte
Decidimos
Incitarnos ao
Olvido
-
Ti vaste,
E eu sintome mellor.

Porque un día daste de conta de que nada mereceu a pena...
Qrvs =)

21 junho 2008


Véxote na distancia
e penso:
De verdade é isto o que quero?
Porque me alonxo de ti sen pretendelo?
Porque me alonxas de ti?

Soa diante do do espello,
así pasan as horas, buscando o meu reflexo.
No meu caderno,
non atino a escribirche
nin un só verso, de amor.

Isto non deixa de ser
outro día de inverno
no que faltades ti
e o teu alento
na miña caluga

Que será de min
soa no silenzo?
Así pasarán as horas
sen sabelo.
Fáltanme, os teus bicos lentos...

Descoñezome


Xa non me coñezo
porque deixei de sentirme.
Perdinme a min mesma
por seguirte.
Por pensar que sí
por crerte aquí.
Por sentirme ben ao verte
sego a perderme.

Descoñezome
esquecinme de todo canto sabía de min.
Eu, que sempre fun canto tiven
agora perdinme.
Aborrezo a este nena pequena
que se empeña en querer,
en sufrir,
en perderse nun acto tan suicida...


Non sei quen son
...

17 junho 2008



Sabes que con só mover unha mán...

...axudarasme a voar...

ou matarasme.




QUE farás agora QUE sabes QUE son tan débil??...

16 junho 2008



Eu nada
máis quería
pintarche un
corazón...




.....pero
..............as bágoas
........................desdibuxaron
................................................................as súas liñas.



Oa de novo!! ^^
Aquí vos deixo este poemiña.. Para que me digades se vos gusta...
Grazas por axudarme a aprender tan rápido... Pois sen este blogue non tería sido posible =)...
Bicos!!
SilviA*!!

12 junho 2008


Hoxe comezo a sentir
Danza de estrelas que atraes a min,
Soños de princesas que estamos aquí
Miroas a elas
E aínda que non esteas
Sintote aquí

Fugaz desexo de amarte
Vento que azouta os meus cabelos
Vexote no ceo
Sintote aquí
Coma se existises de verdade
Podo imaxinarte

¿Cómo atopar a verba
exacta
que me leve a ti?

Quizais penses que non hai esforzos
Que podo chegar a ti
Con desexar voar
Pero como voar, amor,
Como sen ti?
Se ti es as miñas ás?

(13/04/2008) ti,tan só ti

13/04/2008

ti,tan só ti

cansa,triste,sola e aburrida
asi pasan as tardes de inverno.
hoxe chove
chove para os namorados
para que os namorados choren.
fai frío
e eu pérdome nos recunchos desta habitación.
as noites xa non son o que eran
agora xa non estás
xa nadie me pode dar os teus bicos,
xa non me podo escapar para a túa cama
e que me des os abrazos inesquecebles,aínda os lembro...
sabes???
cortáronme as ás
e agora xa nn podo voar...
agora só vivo para marchar contigo...
esa é a viaxe que máis desexo!!!
si,para estar o teu lado...
para repetir eses abrazos.
ti es o único k tiñas ollos máxicos
e deixáchesmos...só a min
gardareinos,coma o maior tesouro da historia da humanidade.
todos pensarán que este é un poema para un
amor pasado ou presente
pero eu ben sei que ti es o único,o único que amrei,o único que me amou...



dentro de min,eles brilan máis ca o sol...


lémbrote



...............nadie morre mentres alguén o recorda...........eu recordareite sempre...............................................





autora: Alba

4

Apuntes con olor a lío

Chejáronme os apuntes e ulinos

Ulían a ti

Ulían a recordos…

Ás túas mans recorrendo o meu corpo

Ó teu sorriso de lúa escura

Ós teus beizos

A túa cara

A ti...

Lembreime de ti e de min

Dos nosos corpos unidos coma dúas lamaradas de lume

Dos meus dentes mordéndoche o pescozo

E a miña lingua lambéndoche as orellas

Das túas caras de pracer,

Dos nosos bicos

Das nosas linguas coma enrredadeiras

Das miñas mans cravadas na túa espalda

De ti mordendo os beizos

Dos meus berros e dos teus...

Das nosas miradas sinxelas

Dos teus fortes abrazos

Das túas mans percorrendo o meu corpo

E das xemas dos teus dedos tocando as miñas pernas

Lembreime tamén dos teus rizos agarimosos nos meus dedos

E do segundo caixón da mesiña de noite,sempre cheo de esperanza

Do espello do pasillo

E da silla da habitación,

Das esquinas da cama,

Do ascensor

E do terceiro andar

Dos teus querote

Dos meus ámote

Do teu nariz e o seu ni-no

E de t dicíndome:sempre estarei contigo...

Recordei que fun maestra

E que tamén fun gata

Enchin a cabeza de recordos fermosos

E intentei olvidar por un intre os que me fixeron chorar...

--------------------------------------------------------------

Autora: Alba

3

Pequeno

Si ti

Pequeno

Eu son grande

Grande por dentro,ti

Pequeno

Eu son a veces tola e outras

Lamento

Eu son eu ti

Non es nada

Eu son flor ti

Pedra

Eu son lágrima no deserto ti

Area

Eu son soño ti

Pesadelo

Eu son vida ti

Morte

Eu son estrela ti

Meteorito

Eu son bolboreta ti

Cortachesme as ás


autora: Alba

2

Lévame a ese lugar onde sempre soñei

A ese onde as estrelas só brillan para que eu,sorría

Onde o mundo para, para estarmos xuntos

E as flores lembran o feliz que fun.

A aquel recuncho onde me prometiches ir,

Onde ti non me deixas chorar

E fas que todo o que lembre sexa bo.

Nese lugar amarémonos coma nunca

Esquecerémonos de todo e de todos

E tan só estaremos ti e máis eu...

Lévame pero non me traias

Non quero volver aquí

Quero estar só contigo e simplemente,escoitarte

Escoitándote pásanme as horas.

Quero vivirte un sábado máis.

NON, quero vivirte cincocentos mil sábados máis!!

Para que mentirche?



autora: Alba

1

Ódiote

Tanto

Que todas as rosas

Que

Collo na man

Secan.



autora: alba

POEMA 4

O meu obxectivo son os teus sentimentos,
un a un, do meu a ti,
rindo tristezas,
chorando sorrisos,
o meu obxectivo es ti,
e só ti, para amarche.

Son tempos para sentirnos
canto ti e eu estamos a soas
e o tempo non existe
nin existe o final
só nos miramos
para bicarnos e amarnos
sen que o mundo móvase
envidioso do noso pracer.

autora: Sara

AMARGURA

Amargura é a miña vida,

a miña casa,

o meu refuxio.

Amargura son eu,

sen ti,

con eles,

o meu corazón.

Felicidade son eu,

contigo

pero sen min.

Ti eres a miña chama,

a que me quenta por dentro

pero tamén por fora.

Corre!

Ven comigo!

Compra dous billetes

vámonos ben lonxe,

dame unha boneca...

pero, quédate sempre ao meu carón.

autora: Sara

POEMA 2

Cando o día da morte se achegaba

vin unha luz cálida cara min

ti, cunha sábana branca e eu oín

un xílgaro que doce cantaba.

Esa canción que tanto namoraba

agochado co pracer que eu sentín

por conseguir atraerte cara a min

cando o sol da tarde se alonxaba.

Non era o día da morte aínda

pois esa era a gran felicidade,

un soño que non tiña boa pinta.

Non entendía a nosa amizade

e escribín coa túa negra tinta

as mil palabras da nosa verdade.

autora: Sara

ESQUECINME

¿Telos feitos?

Esquecinme...

só con mirar os seus ollos,

esquecinme.

Levantei a cabeza

con medo e vergoña,

comecei a pensar

pero xa non sabía o que acababa de dicir.

Esquecinme.


Autora: Sara

11 junho 2008




Precisote aquí
Serei quen de escapar??
De fundir o xeo
que azouta a túa alma...
Deixame regalarche unha canción
que sexa parte de min...
Cortar un pedaciño da miña alma
e entregarcho aquí...
Esperando un bico longo
que veña de ti
atópome dentro,
e xa non podo
fuxir
Quizais non queira saír
nunca máis.
Atrápame como atrapas á
vida
Deixa que quizais se
escape un
sentimento
deste corazón....
E sorría =)
Ámame como amas ao sol...
A este forte corazón...
Non fagas caso...
Se che digo que debo marchar...
Porque por ti, aire, auga, terra.......................lume
Mastiga esta sensación que
ven de dentro...
Verás que sabe agridoce.
Quizais debo deixar que
volte a min o
fantasma do amor.
Ela é o único que teño
esa nena pequena que
segue a formar parte
de min.
Rompe os meus soños,
esnaquiza os meus sentimentos.
E xa non podo máis.
Perdida nos brazos do
destino....
Agridoce.
Non deixarei de insistir
estou poseída por ela,
non podo deixar de
ser esta nena pequena...
E quizais.. algún día
comprenda porque sabe agridoce,
porque quero ser así,
porque sego insistindo.
Porque non marcho?
Porque non desisto?
Porque te preciso...
Ás veces quero ser
eu..
Agridoce.
Estar soa,
ser libre.
Outras ela poseeme
e quizais queira quedar
aquí.
Perdida nos brazos do
destino.
Rompe estes sentimentos encadeados
a min.
Sego perdida nos brazos
do destino.
Agridoce..
Podo atoparme a min mesma?
Agora que o amor
me atopou.
Quixen buscar un día
a aquel que dixeron
que sería o príncipe
azul
da miña
vida,
Pero o amor dixo
NON..
Cando pensei que xa
o tiña
Sentin que el non
era
coma min
debía seguir
Porque o amor dixo
NON
Chorei porque o amor
dixo que non.
Quizais, pensei. non valía
para iso.
Perdería todas as partidas,
ata que atopei o
ceo..
Son máis del, que
de min,
débolle
a existencia
a vida
o sorriso
a felicidade
un sentimento,
non cres?
Suxeitame
antes de que esta

forza
me desfaga
Aprende que cos erros
se medra,
ti podes ser alguén.
Atópate.
Suxeitame.
Agora entendin porque o
amor
dixo non,
El non era,
ti si..
Suxeitame…
E eu..
seguirei sendo pequena, poseída
por ela...
Agridoce.
Esta pequena estrela,
desfeita
pero agora sen condea
Porque
rompin fai tempo as
cadeas.
Amor,
suxeitame.
Porque caio?
Porque?
é tan difícil?
Levamos tanto tempo esperando
Estamos tan
ansiosos por estar xuntos.
Morrerías por amor?
Amor, non podo facer
nada
por cambiarme.
Por cambiar.
Son parte do ceo
pequena estrela fugaz
Comprendeme
Comprende a este sentimento
Agridoce
E fai que o
Amor diga que si
Suxeitame

Así que
ceo
agora mesmo rompo o
xeo
como podo comezar?
bueno, poderás entenderme?
Sabes o que quero
expresar?
o mundo torturoume
tantas veces
e…
durante tanto tempo, que
xamais poderei perdoarllo, xamais..
Porque
Hoxe
quérote
Hoxe dixen quérote e
preciso de todo o
que me fai sorrir
de ti
dos anxos que me
axudan a
vivir, que
están ahí
que son de verdade
que cren na amizade

Soa non podo seguir

Pero hoxe non teño
medo de seguir vivindo.
Pero hoxe seguirei
camiñando.
Amor, se ves comigo
serei perdoada.
Non terei que marchar..
Non podes ver
que os meus ollos están brillando
agora mesmo para ti
e que podo continuar
por ti.
Que nada me axuda
máis
que unha verba que
saia da túa boca.
Que un sorriso que
escorregue polos teus beizos
ata min.
Amor, se te quedas,
as sombras olvidaranse de
min.
Non teño medo de
seguir.
De camiñar soa hoxe,
pero..
Amor, se segues aquí
olvidaranse
Serei libre.

Agora mesmo non podo
escapar
sen ti.
Agora mesmo non podo
escapar
sen ti.

Agora mesmo..
.....

Teño

o meu verde

e o teu azul

nos meus dedos.

Pero precisote aquí
Serei quen de escapar??



é un poema bastante largo e aburrido..
pero gústame..
non sei porque..
porque o fixen escoitando as miñas cancións favoritas..
collendo un pedaciño de cada letra..
e saiu esto.. un pouco raro.. sí.. xD..
pero espero que me digades o que vos parece??
bsñssss
qrvs
(ahh.. e Susana tiña razón.. ata eu mesma me dou de conta agora de que emprego constantemente os mesmos tópicos, a nena pequena, o verde, os ollos, o mar, o ceo, a estrela... jo.. xD)

04 junho 2008

03 junho 2008

Ela



Ela tiña...
.
.
.
.
Un mar de auga corrente
no ventre,
nos ollos
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
a cor da espranza...















Espero que vos guste tanto este "poema" como a min ;).. Simplemente saiume.. xD..
A ver se alguén ten tempiño para comentarlle.. xD..
Sorte a todos cos exames!!
Biikiiños!! =)
^^