estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

12 outubro 2008

msn enredado




chea de ver as herbas mexadas dos teus pés

quero morrer no teu peito

abrazada a ti, contigo

sentir como arde o desexo nos teus dedos

suspirar o teu aire

esperar a q a vida xegue a por nos...

morrer nas vendimas do soño da miña xente

non soltarte xamais!

escoitar poetas q escriben poesia nas noites de inverno

nas noites de inverno

q só nos importemos o un o outro

amando sen prohibicions

amandonos sen limites

nun enorme mundo

escoitando os teus pasos cara min

buscando un lugar na adversidade

furarche os beizos coas ghañas q teña de q a lúa non fuxa

recordando as tuas caricias,

os teus bicos

desfacendo os desexos

recordandote a ti, os dous

agarate no lugar onde se perde o mundo

vivams cada minuto cm se fora o ultimo suspiro xuntos

como se o sol perdera o seu calor

sumerxirnos nun bico eterno...

como se a lua escrbira cancións de pop-rock

sen soltarnos

mirandonos os ollos

nunca, sempre abrazados!

vaciando a soidade

bicandonos, amandonos

ti e eu, xuntos

eu,amarrareite tan foteq respirarei só polos teus pulmons

loitando por nos

mirando a diante

sen chorar

por estar sempre xuntoos!

sen mirar as kostas

ti as miñas e eu as tuas

sen importarnos o resto do mundo

solo ti e eu

pasndo x enriba d todo

e bicarnos baixo a choiva

vouche escribir cancions de mel kos meus beizos nese lugar onde se perden o norte e o sur

nos teus beizos

baixo a neve

baixo o sol

baixo os raios de decembro

olvidando as vaguedades

olvidando o tempo no q vivimos

esquecendo os vellos amores

sen limites a olvidar

lembrando todo o q qixems olvidar

volando o q nos espera

sen nada q decir

un mundo so para ti e para min

dicindo todo cos noss corpos

no q a unica fronteira

sexmos nos,

o noso amor

a nosa vida

os teus desexos

a miña liberdade

viaxando a deriva dende o noso amor

para vivir un soño eterno

ata o fondo das nosas gorxas

coo as noites q pasei sen ti

buscandonos

amandonos baixo as estrelas nunha noite de verao

só co rumbo dos noss corpos

escoitansote cantar estrepitosamente cando te duchas

loitarei x ti ata o ultimo suspiro q me qde na gorxa

deixando as loucuras sen arrepentimento

nun mundo no que xe poda berrar QRTEE!

e sentir as tuas mans facendome corazóns na procura dun amor q non pode medrar máis*


Noelia, Laura, Sofía, Alba