estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

19 agosto 2008

felicidade

Unha felicidade
que moitos pensan que non merezo.
E eu,
que quero seguir loitando.

Cando penso
Que todo perdeu a cor da que antes presumia
Que a miña vida se tronzou en dous
Dous camiños separados e afastados…

Alguén berra o meu nome por detrás e xirome a preguntar…
O sol brila alá arriba
Descubrindo as cores do ceo.. azul, e da herba.. verde.

Pensei…
que morrería daltónica,
ou vendoas sempre en branco e negro…

Como puiden sorrir e ser feliz
Por un intre
Cando se achegou e me dixo…

“Descubrin… que tes os ollos verdes, que bonito”

E así sego recordando aquel día....






((algo escrito xa fai un tempiño..))...