estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

31 maio 2008

Hoxe vou a falar..Rematou o tempo de calar...



Vou falar
...........e direiche,
que rematou o tempo
.....de calar.
Porque xa non quero
...........esperar,
para poderte amar...

E que para ti serei
............ aire
.................... terra
.............................. auga
......................................... lume..


Todas esas verbas descoñecidas
da paixón
................e do desexo...

Que se atopan no que tentas olvidar
soños
................e felicidade...

..........Sensacións
que me fan
...crer
que o mundo deixa de
..........existir
se ti non estás
...........................amor...

Algúns non poden imaxinar o mundo
sen vida..
Eu non podo imaxinar a vida
sen ti...






Ben pois a verdade é que este poema non me gusta moito.. =(.. Pero aquí queda para que opinedes del... Como podería melloralo?

Bicos!! Qrvs!!
(E agora??;))

30 maio 2008

Sen horizontes...


Era un día máxico
sen fronteiras,
sen horizontes.

No que as amigas,
un anxo delicado
e moi fermoso,
axudaban a pechar
as feridas.

Fixeronme sentir parva.

Estaba desexando
deixar de ser nena,
precisaba ser muller.

Todo fora unha farsa,
pero partiuno,
plantandolle cara,
cuspiulle, olvidouno.

Deuse conta de que
non precisaba
aquel cabaleiro de ouro.


Ola, pois despois de bastante tempo sen subir ningún poema por falta de tempo..aqui volvo estar..O poema é o que lin hoxe no botellón poético e fixeno no obradoiro de poesía a partir de palabras soltas..e iso foi o que saiu..espero que me digades que vos parece..
bicos.

29 maio 2008

odio-te

comprobei que desde o amor ó odio só hai un paso
volverei amar...


autora: Noelia
grazas os meus que me apoian
volvo ser a presoa que un dia se foi...porque eles...
deronme forzas paa escriche este poema...
porque coas miña entrañas xuro volver amara pero nunca a un ser coma ti...porque insisto que non merezo ser humilllada por un malnacido!!
porque amar é un mundo marabilloso no cal quero volverei vivir..
para un ser desprezable...

volverei amar

COMPROBEI QUE DO AMOR Ó ODIO SÓ HAI UN PASO
VOLVEREI AMAR...

Ameite,sentinte...fun sinceira, din todo por ti...

por un desgarciado que só soubo mentirme,desfacerme a vida

As miñas notas volvéronse ruins,a miña ledicia acabouse,

o meu ser afundiuse co meu sorriso e a miña vida deu un xiro de 360º

o maldito día que nos enredamos!!!

Vivín tres anos de idas e vidas e entre amor e odio

sen pode olvidarte e agora qeu o lograra volveches como sempre

para utlizarme,confndirme

para que non ame a outro ser maís que a ti pero chegaches tarde á meta

porque eres só un recordoe seguiralo a ser

o que fixen o sabdao foi deixarme levar polo etílico

o amor que un dia sentin acabose para min non significou nada

pero unha cousa farei por ti

mandareiche o diaño cos meus sufrimentos

porque a túa maldae e o teu egoismo

causaron en min o océano mais inmenso de auga

no que quixera que te afundses

chorei por ti, por o teu semblante, por o teu ser

por apersoa que maei e que agfora desprezo

portei durante moito tempo a cruz cara o calvario`pero agora

a cruz está no seu lgr...cravada no chan...

porque nunca odiei a ningue´n e tes o privilexio de ser o pprimeiro

eu sont res a seres a vez

serea gata e noelia

antes

cando fun serea caianme as escamas e

cando fun bgata as unllas...todo por cusa tua

agora son tres serrese sigo sedo eu mesma

porque emerxin do fondo e sain á supreficie

porque saio coa lú chea

porque maullo e rabuño... porque a alvaxe volve vivir.

mares no recordo

SEMPRE PERMANECERÁ O RECORDO...
Quedamos sós...nós os dous...mirámonos...
que facer un sábado ás catro da madrugada...cando ninguén esta cordo?
o etílico podía cos dous...
e ti leváchesme a experimentar o corpo do desexo... na escuridade...
apartáchesme o cabelo...
bicáchesme enlouquecido
a túa man baixou dende a nuca
pola espalda até o epicentro do meu ser
os teus dedos rozaban os meus labios
producindo un proceso complexo en min
eu palpábate...
as miñas unllas eran coitelos recén afiados
deleitamos dos nosos corpos
até que unha parte de ti copulou no meu hipocentro
ardendo
a estimulacíon era incondicionada...era perversa...
fundimonos un no outro como a manteiga no lume...
aquela noite será inesquecible,irrepetible
quela noite algo entrou en min
fíxome brincar,suar,berrar...
era unha reacción química perigosa
sentirame poseida... non fora eu porque esnaquizara oi teu corpo...
eu como serea que son
nadei nun mar de sensacións
e como gata brinquei
en busca da presa maís substanciosa
entre todas as desexadas por o meu ser...

a serea achando o seu mar


A SEREA ACHANDO O SEU MAR


Quixen ser serea pero

faltábame un mar onde nadar

quixen ser fada pero non

puiden facer os teus desexos realidade.


Agora son dona do vento

da lúa e do sol porque

cada un apórtame a enerxía

para chegar xunto a ...TI


Comezarei por poñerme fermosa

buscarei amiña esencia

para deixala o meu paso

para deixala na túa pel.


Pasarei a buscarte

vivirei ó máximo, disfrutarei

da maxia que me da a lúa

e xunto coa noite:VIVIREITE.


Será unha noite máxica

unha noite para non esquecer

poseerei a lúa e o teu corpo

como dona da néboa que cobre

o meu rostro


Enxugarei os meu beizos

na túa mirada

nadarei no teu corpo

como serea que non atopou o seu mar

pois nada aqui deixovos un dos poemas máis fermoso que a miña compañeira Noelia compuxo.esperoq eu o disfrutedes.......

ollos




OS TEUS OLLOS PEQUENOS


ERAN PROFUNDOS E AZUIS


CHEOS DE VIDA.




OS MEUS ERAN MÁXICOS


CHEOPS DE MAXIA


CAPAZ DE NAMORARTE.




XUNTÁRONSE E FORMARON


UNS OLLOS DE OUTONO


SILENCIOSOS


QUE SE AMABAN


CO LOUCURA ATA O


FIN DOS SEUS DÍAS.



ESPERO QUE VOS GUSTE E A CONTINUACIUÓN UNS ,DA NOSA POETA "NOELIA" DE 1º DE BAC

ti


SUSANA DI QUE A POESÍA

HAI QUE VIVILA E SENTILA

EU XA A VIVÍN E SENTÍN

O TEU CARÓN

PORQUE

POESÍA ES TI.


AÍ QUEDA OUTRO ESPERO QUE ME COMENTEDES .JEJJE VEÑA ADEU BIKIÑOS

o corazón





GÚSTASME TANTO, QUE CHE
COMERIA O CORAZÓN.
POIS NADA QUE ME SAÍU ESTA FRASE E DIXEN PORQUE NON PODE SER UN POEMA ????? E QUEDA ,ESPERO QUE VOS GUSTASE XAO
ADEUS
BIKIÑOS





...eu soñei cunha princesa...
soñei cuns ollos fermosos
con forma de estrela,
soñei cuns ollos verdes profundos...
coma os dela.


soñei con miralos
bicalos
soñei con
poseelos

...


pero dixeronme que verdes,







non riman.
Quérote
tanto
que me doe
o
fígado.

finou

Remata
e
ninguén se da conta.
Aquela ilusión
aquel medo
aquela loita.
E remata
remata sen darnos conta.
E todo
quedará gardado naquel animal con fame
e só alí permanecerá vivo.
Voltarán máis pero,
para nós ningunha coma esta.
O meu animal
lembra
medo,sorrisos e soños.
Lembra que o mellor para levantar as tetas é o Wonderbra
e que os meus ollos
son ollos de outono.
Que está quente
e que
te enfrío.





oa!bueno pois este poema(se se lle pode chamar así) vai dedicado os nosos esforzos por a semana de poesía.Quedoume un pouco pelota pero...non lle podo facer nada!!!xdxd
un saudiño a todos


beladurminte*

28 maio 2008

poemas mozos

enredei os dedos no teu poema
soñando versos imposíbeis
medraron soños baixo os carballos
de risos mornos en tardes de abril.

quíxente fermosa de palabras
arrogante, cautiva, sempieterna,
inoculado veleno no sangue mozo,
refulxente diáspora acumulada
no canto febril deses teus ollos.

e vivo os teus cantos descubertos
na sombra da Penélope liberada
recollendo mazás nesta discordia
que nace no preludio dos teus mares.


_________________________________
Grazas polos ollos, polos carballos, polos soños creados contra o mundo discordante de lírica maltratada. Grazas a todas e todos vós por serdes, por escribirdes, por rirdes.

amizades

Para uns amigos que xamais esquecerei...


quérovos :)






A nosa amizade
non dura un día
nin dous
durará toda a vida.

A nosa amizade
é limpa,
transparente e fermosa,
é un parche nunha antiga ferida.


A nosa amizade
é risas,
complicidade e amor,
é unha cálida aperta ao corazón.


A nosa amizade
é verdadeira,
eterna e sinceira,
é máis do que aparenta.


Porque un amigo de verdade está ahí
cando todos se foron
Cando todos che dan as costas...
A nosa amizade estará ahí, para ti, coidaa..


A nosa amizade
é fermosa,
permite os erros,
é unha axuda cando de verdade fai falla...

A nosa amizade durará toda a vida =)

25 maio 2008

xogo de terzos

medrarán nos dedos palabras
de silencio rebelado
nas reixas da túa mirada

racharei versos de futuro
no canto amargo
das vidas recuperadas

resucitarei desexos mortos
de cinzas perdidas
nos muros pétreos milenarios

andarei universos eternos
nos ollos negros
daqueles corvos cómplices

...para o noso amor!!!





Simplemente un xogo na combinación de estrofas de tres versos que menteñen estruturas sintácticas paralelísticas. Cales??
Hai un recurso fónico evidente no poema (ou pseudopoema), podes oílo??

atopándome


Para atoparme a min mesma
busco esa parte de min
que sempre me queira seguir
que non dubide da miña presenza.


É difícil atoparme, soa, entre tanta xente.
Será extraño separar por primeira vez
todo o que teño en mente,
todo o que está por suceder...


Abre o corazón
e dime

¿que ves?


Recorda que temos ese privilexio
e nunca deixes de soñar.
O mundo agradeceracho
e serás feliz.


Pensa que se te cuestionas cada xesto
e reprimes os desexos
fallaraste a ti mesmo
caendo así no erro...


Non penses "¿cara onde?"


VIVE

cara onde queiras ir...

ti e máis eu



Ti e mais eu,
nunha noite estrelada.
E a lúa observándonos.


Logo chegou o amencer.
Tivémonos que despedir.
Pero nunca poderei esquecer
todo o que esa noite sentín.







Agardo...
Agardo volver a verte
...
só iso,
agardo estar contigo
outra noite estrelada.





Bueno aquí tendes outro poemiña de MIRIAN (o 2º xa!! imos progresando!! ;))
Espero que lle comentedes moito..
E que os que non virades o outro vos atrevades a pasar po el.. porque seguro que tamén vos gusta!! =) [creo que era "Soidade" e cunha foto dun banco.. se non recordo mal ;)]
Eu marcho xa!!
Bicos :)

22 maio 2008

reflexións


Existe maior reflexión
sobre min mesma
que a que fago
as tardes de choiva na miña ventá?

Existe maior visión
de nós mesmos
que a que temos
frente do espello?

Non quero que as sombras
do futuro me deboren
Que se supón que fago
se o pasado hai que olvidalo
se o presente é inestabel
e o futuro está no aire?

Non quero que o mundo
nos separe, nunca máis.
Dime que ti sempre
ao meu lado vas a estar...

21 maio 2008

sempre xunto a ti



Nunca estou só porque
te levo
na miña cabeza, no meu corazón.
Cando estou durmido soño
contigo
cando estou desperta
penso en ti
se nalgún momento da miña vida me
faltaras,
¿que sería de min?


POIS nada aqui vos deixo outo poemiña que me gusta moito .espero que avos tamén vos guste jejje
veña comentdeme porfa adeus
bikiños

19 maio 2008

Dinme que me namorei,
que me namorei completamente del...
e creo que non se confunden.
Da miña cabeza non o podo sacar,
do meus soños el é dono..
converteuse no meu todo...
fixo que o sexa todo!!
O sorriso que un día se foi,
volveu con el
por fin
por fin...me dei conta
que este amor é verdedeiro...
que, realmente, namorei del!!!


Ola, bueno pois este poema non é meu(o anterior si jeje) é de Águeda, e vai sen foto porque se me colgou e non a dou subido.. :( pero co poema xa sobra :P
bicos

Só nos..


Non nos coñeciamos,
pero ó mirarnos
foi como se levasemos
toda unha vida xuntos.
Ó pouco de quedar sós,
atopeime enleada
nos teus brazos.
Non sei canto
estivemos así, porque
para min o tempo detivose,
só existiamos nós
e o desexo de
seguir alí,
xuntos,
fundidos o un co outro
.

quero ser, deixademe ser...



Farta de que as verbas
se escapen dos meus beizos
sen razón.

Farta de que me miren
e miren
e non vexan o que sinto.

Farta de ver tanta
inxustiza
pois o mundo é tan cruel...

Farta de que as bágoas
esvaren
sen sentido.

Farta de sentir o aire da culpa
Cada vez que camiño,
báteme nas costas

...


E cada paso que dou
é outro erro grave...
E cada cousa que
desexo
é para min algo inalcanzábel...

Tan só quero ser feliz,

deixademe
ser...

Soidade


Entre as flores comezo a camiñar,
e sen querelo a cavilar.
Camiñando a ningures.
Cavilando como debo actuar.




Despois de moito cavilar,
deixo de camiñar.
Séntome nun banco,
pero non podo deixar de cavilar.

Recordo cando estábamos xuntos,
cando camiñabamos e cavilábamos.
Sempre pensando no futuro,
sempre unidos.




E agora, aquí estou eu,
cavilando neste banco solitario,
e tratando de decidir
se renderme e parar
ou levantarme e continuar camiñando.


Bueno pois este poemiña non é meu.. É DA MIRIAN.. que me pediu que llo colgase.. e eu como boa "colega" e mandadiña que son aquí estou deixandoo por ela.. xD..

Así que xa sabedes comentadelle un montón!!

Porque aquí tendes a súa estrea.. =)

Besazossss*

18 maio 2008

Traizón

Quero bailar para olvidar
todo o que sentín.
Sentir outras mans na miña pel
que me abrazan con agarimo.
Non sentir a túa mirada tras de min
esquecerme de ti,
fuches neno
que xogaches coa miña vida e que me
roubaches
cada un dos meus sentimentos.

Cando estou bailando son feliz
non te sinto comigo,
a calor dos teus brazos
faime ver
que non me mereciches.

Ó compas doutro corpo xirarei
e ó final olvidareime
de que estiven contigo.
A túa mirada tras a miña anunciarei
pois ti nunca me quixeches.

16 maio 2008

Ate o meu último suspiro...


O amor está morto,

es ti quen me matas...

Cando me apertas ata afogar

e logo tan pronto como viñeches, marchas...


Es ti quen me matas,

cando se cadra ao espertar

me miras e sorrís

e síntome por un intre especial...


Cando se cadra ao espertar,

me regalas un bico...

Para levalo gardado no peto

e para que quede no corazón...


Regálasme un bico,

para que non morra o amor...

E para amarnos eternamente

>>apertas

>>>>>>miradas

>>>>>>>>>>>>bicos

>>>>>>>>>>>>>>>sorrisos

>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>ti...


Entón...

Se é así eternamente...

Será imposible que remate...

Quererte será o que faga... Ata a morte.

12 maio 2008

chorando baixo a choiva


Estaba chovendo
mentres a nena choraba...
Chovía, e estaba soa, e sen paraugas...
Soa, pero así ninguén sabería que estaba chorando...

Chantada.
Cravada ao chan.
Cos ollos fixos na estrada...
Esperaba.

A nena
críase forte, mais era feble...
Acababa de descubrir que era a súa maior debilidade.
Agora tamén chovía na súa alma...

E así seguía
chorando baixo a choiva...
¿Porque choras nena se es feliz?

Ela tan só quería atopar o seu lugar...



Non sei de onde saiu este poemiña.. pero aquí está!!
(Que conste que a nena aquí presente é feliz.. xD.. Como ben dixo a Ague non fai falla estar triste para escoitar unha canción triste... ;P)
Ánimo rapaces!!
Bicos

11 maio 2008

vou falar agora

Rompe a auga da noite
entre rochas embebidas de soños
non sucedidos.

Vou falar agora,
porque non quero calar para sempre.
Douche a chave
e pechas as entradas
que nunca se deberon cruzar.

Libélulas na noite
embarullan o aire
no esquecemento do teu corpo;
virxe de ti,
etéreo de min.


Dis que non existo;
pero eu seime,
seite.

Reivindico o meu dereito a existir
agora que te acostumaches a desaparecerme.
Non quero ser pantasma
dun presente que cheira a mar recuperada.

Para e por Silvia volveu este poema dende o pasado a este presente que nace nos vosos ollos, na vosa boca, nas vosas palabras. Porque sodes a ansia do mundo liberada.

Reiviindico a túa presenza...




Reivindico a túa presenza...


Cando doe no peito

este sentimento,

deixo de ser eu

son boneca de ninguén...


Quero ser libre e voar tan alto

que sexa imposible alcanzarme.

Marcharei de aquí

por ti...


A buscar un lugar

onde ser libre,

onde eu sexa quen quero ser

e os meus medos a caer se esvaezan...


¿Non hai solución posibel?

Síntome tan mal aquí...

Encerrada nunha xaula

de cristal


Tan só quero saír

e ser libre

amar

sen condicións, sen medo a perder...


Teño medo a caer...


Reivindico a túa presenza...

Sinto..


Bolboretas no estómago,
un nó na gorxa,
un tremer no corpo,
unha ledicía incontrolable,
ganas de saltar,
correr, rir,
pero sobre todo
de berrarche
quérote!!
para que todo
o mundo se entere.
Pero non podo,
algo mo impide.
Aínda que non
cho poida dicir
quérote..




Non sei se escribo ben ou non, pero gústame facelo :P espero qu vos guste ainda que sexa un pouquiño e que ainda que non vos guste mo digades igual!!
bicos.

Sálvame


por primeira vez estamos

sós,

no noso escondite

en silencio...


que máis podo facer

por ti?


vexo os nosos nomes

na parede

e volto a borralos de novo...

non quero pensar.


ven e sálvame

de arder eternamente..

ven e sálvame

¿sabes que non podo sen ti?


ven e sálvame..

sálvame..


as bágoas

todas finxidas...

e os soños

de papel...


e unha vez máis

volto a borrar os nosos nomes

da parede

sálvame...



poema con trampa.. ;).. fixeno pensando na letra dunha canción que foi durante moito tempo unha das miñas favoritas e que hoxe volvin a escoitar (rette mich).. a verdade e que o "poema" se se lle pode chamar dalgunha forma non me gusta moito.. quedou un pouco raro..
así que espero que me digades o que vos pareceu.. xD
bsñsssss

perderme

O día que comece a odiarte
será o día
en que verdadeiramente
te ame.






espero que vos guste!!non é para ninguén en especial...ou quizais si,aínda non o sei!!:-(


besiños -_-*

sufrimento= querer!!!










pois de tantas voltas que lle din co verbo sufrir e seguintes ,queda dsta forma espero que vos guste sobretodo e que opinedes se se entendeu ben .espero a vosa colaboración adeus













porque es ti!!!!

mereces o mellor,porque es o mellor

que coñecín,

mereces o mellor, porque es único

verdadeiro

mereces o mellor ,e eu quixera

merecerte.


ola!!! espero que vos guste porque levoume moito tempo facelo ainda que pensedes que é unha chorrada jejej veña bikiños e comentademe porfa..adeus

esperareite!!!!!!





Ainda que teña que esperar cen anos
para ter os teus beizos nos meus,
as túas mans na miña pel,

para ter de novo o teu agarimo,

para estar contigo,

esperareite.

Esquecerei todo o que sufrín

nos poucos días que rín,

sempre polo mesmo motivo

esperar para estar contigo

esperareite,amor meu

ata o mais alá.


pois nada aqui queda outro mais ,xa que como non teño moitas ganas de estudar poñome a facer poemas ,espero que vos gusten

bikiños!!!

Fiquei no pensamento

o recordo do pasado

do amor engaiolado

que prácido pensar.


Ollos que brilaban

no escuro lúar,

i eu nela,

a pensar e a pensar.


Din que o amor non cansa,

pero eu xa quero finar.

Bueno pois ai vai outro poema feito por min,feito fai tempo pa profesora de galego de 4,e na máis,que espero que vós guste,un saúdo.

10 maio 2008

soñando sentimentos



soñei

que soñabas.

sentin

que sentías


tal que se foses de verdade

soñeite.

tal que se existises

sentinte.


soño

o que ti soñas.

e sinto

o que ti sentes.


tal que se deixase de ser boneca

e fose nena de verdade, soño.

tal que se deixase de ser marioneta

e soñase, sinto.


porque ao fin e ao cabo

a vida está chea de soños.

e xa sabes que os soños...

soños son.



aquí queda o poema que nos pediu Susana para o luns..

=)

TI E MAIS EU


non quero chorar; pois estou
contigo
quero olvidar; tanto dano
sufrido
polo teu amor loitar; contra calquera
inimigo
en ti quero atopar a miña amante
a miña amiga
abrazarme o teu corpo buscando
o abrigo
de todo o noso agarimo.



pois nada aqui vos deixo tres poemas de creacion propia e espero que vos gusten e xa sabedes a comentar nelees.BICOS.

estrañote!!!


Teño frío, necesito un abrazo teu
meu amor, non sei vivir sen ti
xa non quero vivir.

sentimentos

Voume,voume lonxe
co pensamento
a un sitio grande
de xente sinceira
humilde e boa,
vou buscar un lugar
onde calquera me queira
sen medos,tal e como son
por dentro e por fóra
home ou neno nunha soa persoa
hoxe voume,voume lonxe
onde alguén me queira.

o valor dun quérote



Quixera poder explicar

a sensación que producen

as notas desa canción

se petan no meu corazón.


Quixera poder describir

o xeito no que me amas,

o modo en que corren as túas mans pola miña espalda

ata o centro do meu ser.


O que sinto

se me bicas e apertas, fortemente.

Cando descubrimos novos espazos

que nos fan estremecer.


Os teus dedos tócanme

do mesmo xeito que as cancións...

Docemente como unha balada,

e coa forza do peor heavy...


Aprendo a quererte así, deste xeito abafante.

Novos momentos de paixón, dúas palabras que matan

e fanme crer que o mundo deixa de existir despois de ti:

quérote tanto...











Espero que me digades o que vos parece!!!!
Bkñsssssss =)
Síntome aturado,afogado.
Séntome só, en silencio.
Síntome cheo,pringado.
Séntome con Florencio.

Florencio presenta uns síntomas:
síntese só,despavorido,
non se senta,
por medo a ter síntomas.

Agora non ten síntomas,
segue sen sentarse,
non sente,
non ten sentimentos.

Sentes o mesmo que Florencio,
logo tes sentimentos.
Bueno,renovo eu por primeira vez,con este "poema" feito en 5 minutos,pero que lle gustou a profesora por non me acorda que era,e polo cal vós tedes que facer un parecido utilizando palabras de estructura parecida.Nada máis,espero os vosos comentarios

09 maio 2008

Sentados..

Estaba alí sentada,
era tarde,
tiñase ir,
pero non podía..
el tamén estaba..
Levaban horas,
a anacos falaban,
outros non decían nada..
Sobraba con saber
que nin ela se quería ir,
nin el que ela se fose.




Ola, pois este poema si que é meu :P e escribino despois de escoitar un dos poemas qeu lemos na clase..espero opinións, suxerencias..(coma sempre jeje)




bicos.

Ollos eternos..


Coñecinte cando o mundo se che viña enriba,
estabas totalmente desfeito.
Non sei porque nin como, abrazámonos..
os dous sentimos que había algo mais...
todo se consumiu nun intre
non durou nin tres segundos...
xa estabamos separados..




Tres anos despois,
soa e sentada na rúa
alguén se sentou ó meu carón,
coñeciao á perfección,
sen embargo, non fun quen de miralo,
tiña medo de volvelo perder,
supliqueille que se fora..
pero non o fixo,
funme e seguíame,
non me daba separado del,
enganchoume de tal xeito..
que non me quedou outra que
miralo os ollos....




Ola! pois outra vez subo un poema da Águeda, ela pidemo e eu obedezco jeje, e xa non fai falta que diga nada máis.. :P jeje

biquiños.

08 maio 2008

porque es así????




Estou flipando

como lle dis iso a unha persoa que queres?

en serio...

non o entendo

non vai comigo

eu a ti non che fixen nada

non che fago dano constantemente

trato de estar ben contigo

porque te quero e punto

porque me importas

e logo ti sempre

dándolle voltas a todo

a min non me pasa nada

pero estou farto de todo

quizais debería pensar o cque che pasa comigo

ae son un neno pekeno como dis

se segues pensando

que non teño

nada dentro desta puta cabeza...

madurei fai moito tempo

aprendin a velo todo como ti querías

EU QUEROTE!!!! JODER!!!

tan difícil é de entender que quero estar ben?


pois nada aqui vos deixo un poema que a pesar que é un chisquiño largo non me gusta moito .Poñoo para saber a vosa opinión. Espero que o seguinte me saia mellor ca este.

veña bikiños

Este foi o meu regalo...


Hoxe preciseite de novo,
vaga luz que azoutaches a miña vida.
Daría o imposible por terte aquí,
sentirte de novo, outro día.

Foi nun intre, tan só niso...
Logo dun bico longo...
Cando me decatei do que acontecía...
Voaban milleiros de bolboretas fuxitivas.
Entrabas no meu corazón,
e xa non sairás xamais...

E quixente. Quixente tanto dende entón.
Non preciso de buscarlle un nome: "decir, se é amor?"
Este sentimento que me mata,
que enche a miña cabeza de dúbidas ao recordarte.

E recordo...

Momentos malos e bós,
nos que xamais deixei de amarte.

E hoxe,
a pesar da distancia,
nas miñas retinas
a túa mirada segue a engaiolarme...

Confusión...


Hoxe dei un gran paso na miña vida...
Non sei si fixen ben ou mal
pero guieime polo corazón...
sen embargo... non estou nin contenta
nin triste…non sei como me sinto…




Xa pasaron seis días ....
e sen embargo...
cada día vexo máis lonxe o meu soño,
cada día teño máis medo a dicir non
e ferir...
non sei que facer...
si seguir esperando
e deixar que o tempo pase..


ou dicir NON...
pero teño medo de equivocarme
e logo arrepentirme
.


Ola o poema non é meu, é da Águeda, que me pediu que llo subira, asi que xa sabedes non?? :P a decir que vos parece..
bicos.

06 maio 2008

Un poema coma o de hoxe

Quero dicirche unha cousa
Pero ten que ser un susurro
Para que ninguén se dea conta:
Quero dicirche que quero un poema
Si, quero que me escribas os versos que ti sabes
Espero un verso deses que hai que ler moi lentos
Deses que case non se senten
Nos que un escapa do mundo
quero que ese verso se repita moitas veces
Tantas, que quero que sexa a miña vida

E que nel se conte a nosa historia.

Tamen quero outro dos que hai que ler intensamente
Dos que se viven no momento
Dos que nunca se olvidan porque feren
Dos que deixan marca no lugar segredo

E outro, no que teña que fechar os ollos para sentilo
Dos que che poñen a pel de galiña e fan que os dedos se
movan sós
Deses que fan esquencer o mundo
Dos que case non se senten pero que sen querer rabuñan


Quero que m escribas un poema coma o de hoxe, no que os versos se convirtan en bicos….





este poema é o segundo que escrbín e teñolle moito cariño,espero que vos guste e que o sintades tanto coma min!!e porsuposto que os versos que vos den sexan tan femosos coma os que me deron a min e que gardedes tan bos recordos deles...ains hoxe estou romantica...(iso todos os días pero hoxe máis :-))


-_-*

Hoxe toca ser feliz

Arrinquemos un sorriso
antes de matar a felicidade,
e vivamos este momento
coma se fose de verdade.

Carpe diem, din os sabios,
hai que ser feliz,
de nada serve morrer,
rendirse é de cobardes.

Sigamos, pois este camiño,
ata onde nos leven os pés.
Vivamos como amigos,
poñamos nesta última noite fe.

Brindemos polos vellos tempos
enchidos de ledicia,
e limpemos as bagoas
con historias do día a día.

Limpemos, pois, esas bágoas,
que azoutan o ceo da alma.
Afoguemos en alcol as penas,
ata que se emborrache a tristeza...



Bueno aquí tendes un máis..
Agora que andaba por aquí aburrida =P..
Espero que colguedes máis poemas!!!!
E comentedes.. =)
Bicossss