estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

11 maio 2008

porque es ti!!!!

mereces o mellor,porque es o mellor

que coñecín,

mereces o mellor, porque es único

verdadeiro

mereces o mellor ,e eu quixera

merecerte.


ola!!! espero que vos guste porque levoume moito tempo facelo ainda que pensedes que é unha chorrada jejej veña bikiños e comentademe porfa..adeus

2 comentários:

xenevra disse...

non é unha chorrada!!! Ninguén podería acreditar iso. é poñer palabras ao que outros sentimos e non podemos atopalas. N´ótase o traballo. Os poemas falan no só do contido, senón tamén da forma; contan o seu proceso aínda que polo de agora non saibades ecoitalos.

Miguel, tes moito que dicir e nós moito que lerte.

SilviA*!! disse...

susana ten razón.. =).. se fosen chorradas non estaríamos aquí lendo nin comentando..
gústame pero atopo un oco moi grande.. non sei se é esa manía miña de facer poemas mooooooooooooi largos ;).. quizais sexa eso.. e ás veces é mellor expresarse co menor número de palabras posibles.. ;)
segue así!! eu seguirei léndote!!
krt*