estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

06 maio 2008

Hoxe toca ser feliz

Arrinquemos un sorriso
antes de matar a felicidade,
e vivamos este momento
coma se fose de verdade.

Carpe diem, din os sabios,
hai que ser feliz,
de nada serve morrer,
rendirse é de cobardes.

Sigamos, pois este camiño,
ata onde nos leven os pés.
Vivamos como amigos,
poñamos nesta última noite fe.

Brindemos polos vellos tempos
enchidos de ledicia,
e limpemos as bagoas
con historias do día a día.

Limpemos, pois, esas bágoas,
que azoutan o ceo da alma.
Afoguemos en alcol as penas,
ata que se emborrache a tristeza...



Bueno aquí tendes un máis..
Agora que andaba por aquí aburrida =P..
Espero que colguedes máis poemas!!!!
E comentedes.. =)
Bicossss

Um comentário:

xenevra disse...

Paréceme un poema moi chulo. Consegue unha sonoridade envolvente que nos move rapidamente polas letras ata a escalada final.
Pero, se mo permites (glups), vou facerche dúas suxestóns:
- A segunda estrofa rompe o ritmo do poema, non sei se só pola rima ou tamén pola cadencia da frase (leo en voz alta).
_ Na última estrofa non respectaches a rima e podes facelo moi simple dando volta aos versos.

Son ideas, miñas non túas. Valóraas e lembra: OS CONSELLOS SON PARA DESPREZALOS OU NON. É o TEU poema.