Quero dicirche unha cousa
Pero ten que ser un susurro
Para que ninguén se dea conta:
Quero dicirche que quero un poema
Si, quero que me escribas os versos que ti sabes
Espero un verso deses que hai que ler moi lentos
Deses que case non se senten
Nos que un escapa do mundo
quero que ese verso se repita moitas veces
Tantas, que quero que sexa a miña vida
E que nel se conte a nosa historia.
Tamen quero outro dos que hai que ler intensamente
Dos que se viven no momento
Dos que nunca se olvidan porque feren
Dos que deixan marca no lugar segredo
E outro, no que teña que fechar os ollos para sentilo
Dos que che poñen a pel de galiña e fan que os dedos se
movan sós
Deses que fan esquencer o mundo
Dos que case non se senten pero que sen querer rabuñan
Quero que m escribas un poema coma o de hoxe, no que os versos se convirtan en bicos….
este poema é o segundo que escrbín e teñolle moito cariño,espero que vos guste e que o sintades tanto coma min!!e porsuposto que os versos que vos den sexan tan femosos coma os que me deron a min e que gardedes tan bos recordos deles...ains hoxe estou romantica...(iso todos os días pero hoxe máis :-))
-_-*

6 comentários:
podería dicir simplemente que me parece preciosa, pero non é tan simple, nin dicilo nin o poema. ë engaiolante. Perfecta estrutura dual que nos leva dun primeiro de calma e tranquilidade a outro de intensidade case ferinte. A través desa estrutura antitética describes perfectam,ente os sentimentos da voz poética que acaban no desexo que dá forma e forza ao poema "quero que me escribas un poema".
Está escrito, moi ben escrito. Agora só resta que o gocemos. Grazas por compartilo neste noso recuncho.
eu tamén gardo con moitísimo cariño os versos que me regalaron.. e os que eu algún día tamén regalei.. =).. ainss romanticonas k somos!! ;)..
do poema simplemente k m enknta!!..
ten moita forza e ao mesmo tempo é suave.. é.. tal como dis nel un susurro.. lévate pouco e pouco ata o final..
ademais o k m gusta del e k non di nada ata o final k teña k ver directamente con ese amor.. e sen embargo sábese k é un poema con moito sentimento ;)
eu tamén gardo con moitísimo cariño os versos que me regalaron.. e os que eu algún día tamén regalei.. =).. ainss romanticonas k somos!! ;)..
do poema simplemente k m enknta!!..
ten moita forza e ao mesmo tempo é suave.. é.. tal como dis nel un susurro.. lévate pouco e pouco ata o final..
ademais o k m gusta del e k non di nada ata o final k teña k ver directamente con ese amor.. e sen embargo sábese k é un poema con moito sentimento ;)
ups mandei dous!! xD
ola!!
pois o poema e dios chocante, empeza calmado e despois cambia de tonalidade cambio ata a forma de sentir dios...e precioso...sublime jeje...sigue escribindo que se che da moi ben non como a min
querote!!bkñs!!
ola..bua o poema e impactante é precioso e...non hai palabras para explicar o que fai sentir...so con lelo faiche pensar cousas, momentos inolvidables que che pasaron eres un xenio albiña!!
segue así!!jiji
besiños
Postar um comentário