estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

06 fevereiro 2013

Ela é...
diferente ás demais;
dimo todo
sen me dicir nada,
demóstramo todo
sen me facer nada;
é especial.
Podo imaxinarme algo,
pero non a vida sen ela,
sen os seus ollos grandes,
os seus beizos vermellos,
os seus bicos e apertas,
as súas mans suaves,
o seu corpo perfecto...

Querela soa a pouco,
amala... aínda a menos.
ca-torce

25 janeiro 2011

Recordos… malditos sexan!
Recordo… cando te vin por primeira vez…
aquel sábado noite… parouse o tempo
e fiquei namorada.
Recordo cando te achegaches e me falaches…
e recordo o teu sorriso naquel momento.
Recordo tódolos sorrisos que me adicaches dende entón,
Eses que me alegraban o día pasara o que pasase…
Recordo os bicos roubados e os non roubados,
Tamén recordo cada abrazo, cada agarimo,
cada verba amorosa saída dos teus beizos…
Recordo todo aquilo que algún día me fixo sentir especial,
única… e que agora me atormenta e me fai sentir estúpida,
é agora cando me dou conta de como me utilizaches,
de como me enganaches… e aínda así… segues na miña mente,
aquel sábado noite, aquela primeira frase, os sorrisos, os bicos,
os abrazos, os agarimos, as verbas…
ÓDIOTE… ÁMOTE…

10 março 2010

05 março 2010

recordo


Recordos… malditos sexan!
Recordo… cando te vin por primeira vez…
aquel sábado noite… parouse o tempo
e fiquei namorada.
Recordo cando te achegaches e me falaches…
e recordo o teu sorriso naquel momento.
Recordo tódolos sorrisos que me adicaches dende entón,
Eses que me alegraban o día pasara o que pasase…
Recordo os bicos roubados e os non roubados,
Tamén recordo cada abrazo, cada agarimo,
cada verba amorosa saída dos teus beizos…
Recordo todo aquilo que algún día me fixo sentir especial,
única… e que agora me atormenta e me fai sentir estúpida,
é agora cando me dou conta de como me utilizaches,
de como me enganaches… e aínda así… segues na miña mente,
aquel sábado noite, aquela primeira frase, os sorrisos, os bicos,
os abrazos, os agarimos, as verbas…
ÓDIOTE… ÁMOTE…


Ana Lage

27 fevereiro 2010

Di-álogo

-Son tan repunante?
-Si, non hai quen te ature.
-Sinto moito terte molestado, xa non che falo máis, tranquila.
-Non! A min gústame a túa non aturided.
-Se non me aturas, como che vai gustar?
-Si que te aturo! Perdóame!
-Non sei se poderei…
-Bueno… perdoa por molestar…
-Ti non molestas, amor meu, eu molesto.
-É certo, pero eu quérote igual.
-Pero eu quérote máis…
e quérote tanto, que non te quero molestar.
-Gústame que molestes, non podería vivir sen iso.
Faino. Faino unha e outra vez
-Se mo pides así…
-Por favor.
-Vale, terei que ceder… pero só porque quero que te manteñas con vida.
- Non me queres entón?
- Non.
-Morrerei logo.
-ÁMOTE.

Ana Ledo e Ana Lage

21 dezembro 2009

o son da curuxa

1)
A vida remata ca morte.
Os espectros tisnados enchense de cor coa luz do sol.
As arañas escapan dos fumegantes ceminterios.
Os fungos calcinados volven a nacer.
A musicalidade orquestrada dos xilófagos fumegan fantasía.
O inferno remata co son da curuxa.

2)
Uns xilófogos orquestrados
polos espectros tisnados
nun inferno calcinado.

Fumegantes estaban os
fungos dos ceminterios que
morren fantasiosos
co son da curuxa.



Alba Baltar
Pablo Cabo
Leti Vázquez
Manuel Fernández 3ºA

Posibel


-->
A fascinante musicalidade, da
Xaviña preto dos arrecifes,
simulaba o son das ocarinas
do Vilano cemiterio.

Abrallan os espetados seguidores
do etno, abrallas as inmunolóxicas
curuxas do visibel.

Os raposos xilófagos,
réquiem unha posibel verdadde

-->

Grupo (Alba Fernández, Iván Gayoso, Marcos Arrojo, Iago López).

concerto fantasiado

A musicalidade dos xilófagos e ocarinas,
facían espertar as curuxas.
Os arrecifes de Xaviña,
fantasiaban con regleiras de cinsa.
Os orquestrados que tocaban o óboe,
eran espertados contra un inferno de bostezos.

poema de: carla fernandez, laura gonzalez, paulo arias, adriana figueiras

18 dezembro 2009


O irónico da vida

e poder fantasiar

con curuxas tisnadas

de cinzas, dunha

triste musicalidade,

tocada por ocarinas espetadas

cun fondo de arrecifes.

Marta
Diego
Óscar
Sara T

IRONÍA

Arrecifes de coral, eis ringleiras de ocarinas;
Curuxas e xilófagos visíbeis pola noite;
Bichos das arañeiras abrollan dos fungos;
Así a fábula do lume irónico.
Choiva de espectros fumegantes, tisnados
nas cinzas...



-Poema creado por:

*Adrián Teixeira
*Elisa Rivas
*Ainoha Badiola
*Jorge Vázquez
*Bruno
-Clase: 3ºA

ampanavid

O fumegante réquiem da choiva,

os espectros espetados na musicalidade

e as curuxas orquestradas no enseado fantasiar

do futurista jazz dos arrecifes tisnados.


poema grupo amalia, pablo varela, ana e david

03 julho 2009

Ás veces,

sorrís con só pensar na amizade,

Outras veces,

choras ao analizala.

Por qué non te podo esquecer?

Por qué non pode pasar un dia,

sen pensar en ti?


..........................................

***Censurado***

Amiga

Os poemas non se piden,
Os poemas regálanse.
Non se buscan, encóntranse.
Mais iso non é fácil,
Precísanse sentimentos,
Precísase corazón.
Non o ten todo o mundo,
Ti sí.
Apenas nos coñecíamos,
Pero sempre semellaches distinta,
Distinta ás persoas que te rodeaban,
coas que convives…
Desde o primeiro instante
Semellaches diferente,
Diferente a todos,
Diferente ós falsos.
Cando xa non cría en ninguén,
En nadie.
Apareceches.
Axudáchesme.
Aconselláchesme.
Foches unha amiga,
Unha amiga de verdade

Confiéi en ti.
Apolláchesme cando máis o necesitaba.
Comprendéchesme.
Preocupácheste por min.
Nunca me fallaches.
Sabía que non o farías.




Antes de que todo isto pasase,
Sabía que podía contar contigo,
Sabía que ías ser especial,
Que contigo non ía ser igual.
Igual ca con todos.
Todos semellaban o que non eran,
Pero ti sempre foches ti.
Se ti me enganases,
Se non foses quen decías,
Non volvería confiar en ninguén.
Pero non o fixeches,
Nunca o farás,
Porque ti non es así.


Precisábanse sentimentos:

Amizade.

Confianza.

Sinceridade.

Precisábase corazón:

O teu,

O meu,

O noso.

Iago Seijas

Prohibido pensar en ti

Prohibinme pensar en ti
Pero a noite chegou
É a hora dos soños
Das fantasías anheladas
É o único momento
No cal me permito pensarte,
Soñarte,
Soñar que estamos xuntos
Imaxinar como namorarte
Como gañar o teu corazón
Algo moito mais difícil ca olvidar

Olvidar!

Olvidar é imposible!
Intenteino, sei que o intentei
Pero sempre, sempre en van
Tamén imaxino sensacións,
Sentimentos…
meus e teus
Porque te quero
Porque te amo
E nunca me amarás tanto
Nunca me vas amar
Seino

Ás veces, ódiasme
Tamén o sei, pero
Eu ódiote sempre
Por ser a culpable,
A responsable da miña dor.
Por ser así
Por capturarme coa túa mirada
Por paralizarme cun sorriso
Por facerme estremecer cun só xesto
Por facerme suspirar co teu recordo
Por facerme sufrir a túa ausencia
Por matarme co teu desprezo
E por devolverme a vida con cada palabra
Coas túas palabras
Para logo arrebatarma de novo
Facerme chorar, rir, suspirar..
E négaste a devolverme a alma que me roubaches
no intre en que realmente te coñecín..

Silencio!!
O sol!,

Prohibido pensar en ti.

Iago Seijas

Botarte de menos

Botarte de menos,
añorarte,extrañarte,
arriscar o pouco que teño por ti,
pensar en ti.
...
Son erros que non vou cometer de novo
Son pedras nas que non volverei tropezar,
pedras que a miña vontade apartará do meu camiño

Deixarme capturar pola tua mirada
Deixar que os teus sorrisos me paralicen
Estremecer ante os teus xestos
Supirar ao recordarte
Percatarme da tua ausencia
Darlle importancia ao teu desprezo
Son cousas que nunca mais me permitirei facer,
xamais...

Recuperarei a alma que me roubaches
no intre que secuestraches a miña razón.
Arrancareina das túas fouces,.
Romperei as cadeas que a atan a ti,
e vivirei de novo.

Volverei camiñar mirando o ceo.
Contemplarei a lúa sen recordarte.
Cando alguén fale de ti,
non lle direi “si”, e mirarei ao chan.
Cando mire as estrelas,
xa non me me alegrarei ao pensar que ti,
en algún lugar,
verás o mesmo que eu estou vendo.
Cando vaia camiñando só,
non irei pensando en ti.
Se te vexo,
permanecerei impasible.
Se as forzas me abandoan,
non será o teu recordo o que as faga volver.

Nada diso sucederá de novo.
Nunca mais vai pasar...

Porque non te amo, non te quero, non te adoro, e non te extraño.
Porque me das igual, tesme que dar igual.
Porque a miña existencia non se debe a ti, non está ligada a ti.
Porque nunca debiches entrar na miña vida
Porque eres o castigo por unha mala decisión
Porque sobras na miña vida, sempre sobraches.
Porque non te necesito
Porque era feliz antes de coñecerte, e serei feliz cando te esqueza.

Porque te vou esquecer
Desaparecerás dos meu recordos,
e será como se nunca te coñecese, como se non existises.
Porque para min xa non volverás existir.
Porque todo volverá ser como era antes,
e as escuras anduriñas non van volver,
nunca volverán, estou seguro.
Non poden volver, non son necesarias aquí.
Da misma maneira que ti non es necesaria para min.
No meu corazón, non hai espazo para ti,
nunca o volverá haber.
Expulsareite del e taparei o oco polo que entraches.
E limparei todo o que quede de ti.


Xa non pertences á miña vida,
eu nunca pertencín á tua.
O tempo fai esquecer.
A distancia fai esquecer
Pois entón farei unha casa en Venus,
e vivirei nela ata que un exército de venusianos,
armados cun cento de razóns,
me expulsen do seu lar.
Será entón cando regrese,
sendo xa un neno, sen preocupacións.
E disfrutarei xogando ca area,
e farei un castelo, cunha princesa,
no que todos os dias sexa nove de xuño,
e a marea subirá, e desfará o castelo,
e chorarei, ata facer a dixestión,
será entón cando me bañe no mar dos recordos,
e todos os anos pasados en Venus perdan o seu efecto,
pero non pasará nada,
porque non significas nada para min.

E medrarei de novo,
volverei decidir mal,
volvereite coñecer,
volvereime namorar de ti,
e lamentareime por ser incapaz,
por non poder soñar que non me lembro de ti,
sen que volvas aos meus recordos.


Iago Seijas

O pasado

O pasado…
A xente soe decir:
O pasado, pasado está!
Pero non,
O pasado non pasa,
O pasado sempre está ahí,
Sempre estará ahí..
O pasado está cheo de bos recordos,
Malos recordos…
Pero non son só recordos, o pasado decide o futuro.

Ás veces, só ás veces,
Evita que cometamos erros.
Ás veces tomamos a mellor decisión
Grazas ao pasado.
Ás veces axudamos aos demais
Grazas ao noso pasado.
Ás veces, só iso, ás veces…

Pero tamén cometemos os mesmos erros,
Unha vez tras outra,
Volvemos caer,
E levantámonos de novo,
Só para volver a caer,
Na mesma fosa, no mesmo erro.



Ata que un día,
Abrimos os ollos,
Vemos o que fixemos,
O que facemos,
E lamentémonos.
Unha vez tras outra
El deixoute tirada,
E levantácheste,
Para que te tirase de novo.

Volveches con el,
Debido ás súas promesas,
Promesas vacías,
Promesas sen sentido,
Promesas falsas feitas co obxectivo de facerte sufrir de novo.
Promesas saídas da súa boca,
Da boca que tantas veces che dixo o que tanto temías oir.

E créchelo de novo,
Perdoáchelo,
Ignoraches o pasado,
Pasaches do pasado.

Cambiou, dis,
Non sei qué pasou, pero cambiou…


A xente coma el non cambia.
A xente coma el sempre permanece así.
Ese tipo de persoas,
Nunca cambia.
Están corrompidos,
Son perversos,
Ignoran os sentimentos dos demais,
Xogan coas persoas,
Saben mentir,
Viven na mentira,
Viven da mentira,
Fan da mentira o seu modo de vida,
A súa marca persoal,
O seu estilo, o seu carácter…

Abandóante,
Só para subir,
Alzarse sobre ti,
E contemplar como te levantas,
Soa.
Mentres pensan cómo volverte tirar.

Os anos pasan…
O tempo pasa…

Seguen mentindo,
Cada vez mellor,
Cada vez é máis doado crelos,
Cada vez coñécente mellor,
Saben cómo enganarte..
Falan mirándote aos ollos,
Ós teus ollos inocentes,
Mentres ti contemplas os seus,
O velo tras o que se ocultan as súas mentiras,
As súas verdadeiras intencións,
Intencións que ti non percives,
Que pasan ante ti,
Sen que fagas nada…
Sen que te dés conta de nada…
Ata que te fan caer de novo.





Ata que chegue o día,
No cal non sexas capaz de levantarte,
Mires ao teu redor,
Cos ollos abertos por primeira vez,
Na procura das persoas que te querían de verdade,
Que o deron todo por ti, e que o perderon,
Pero seguiron ahí,
Intentando apartar o pano,
A tela que che impedía ver a realidade.

Persoas que perderon a esperanza,
Que abandoaron a súa cruzada,
Que desistiron, ao fin,
Tras tanto tempo,
Tempo que pasaron intentando protexerte.

Pero son persoas,
As persoas desisten,
Antes ou despois,
Apágase a fonte da luz que os impulsaba a seguir adiante.

Persoas que te querían.
Que pasaron ante ti,
Nadando contracorrente para quedar ao teu carón,
Sen que ti as mirases,
Só as olleabas de reollo.

Persoas que agora están,
Pero que xa non estarán,
Que pronto pertencerán ó pasado,
Ó pasado que tantas veces ignorache.

Persoas rotas ante esa visión,
Verte, no chan, loitando por levantarte,
Unha vez tras outra.
Ata que te fundes,
Ata que afogas no chan que,
Canso de verte caer,
Te absorve na máis absoluta escuridade.

Mentres ti recordas a luz da verdade que había nos ollos desas persoas..
As que pertencen ao pasado.


...



***Censurado***

Antes de coñecerte

Antes de coñecerte
Pensei estar namorado centos de veces
Pero agora, desde que te coñecín
Sei o que realmente significa esa palabra
Amor
Amar
Amar non era o que eu cría
Cando se ama, súfrese
Súfrese todo o tempo
Pero merece a pena

cando estou contigo
cando te vexo
cando me falas
cando me miras
cando me sorrís
cando me sinto preto de ti
cando soño que estou ó teu carón
cando realmente estou ó teu carón
cando algo deso sucede
coñezo a felicidade
sinto que nada mais importa
todo perde o seu significado
a sua importancia
os problemas que me atormentaban
evapóranse co brillo dos teus ollos
a túa mirada, atravésame
invádeme,
circula polo meu interior
altera o ritmo dos latexos do meu corazón
deixame fora de combate
tan só desexo bicarte
abrazarte, bicarnos abrazados
estando xuntos, os dous
sós, sempre sós
posto que todos desparecen
ninguén nos pode interromper,
ninguén ten o poder,
a capacidade,
de facer estalar a burbulla de cristal que nos rodea,
dentro da que flotamos,
xuntos, eternamente xuntos

Pero só é un soño.


Iago Seijas

Iluso

Es un iluso
Ela nunca che fará caso
El non a merece,
Pero quéreo,
e meréceo, unha e mil veces.
Volverá a deixala tirada,
e ela volverá con el.
Porque o quere.
Porque o ama coma ti a ela

Nunca sentirá o mesmo por ti
Nunca che fará caso.
Se sigues loitando por ela,
quedaraste só,
perderalo todo pouco a pouco,
a túa vida seguirase desmoronando

Estás loitando contra o seu amor
Estás loitando contra ela,
contra os seus desexos,
os que dis querer cumplir,
querer protexer.
Polos que darías a vida.
Pois entón, faino,
a tua vida non vale tanto,
tanto como a sua felicidade.
A tua vida non vale nada.

Deixa que sexa feliz.
Deixa que sexa libre.
Ela está coa persoa que ama
Era feliz antes de coñecerte,
e serao cando se esqueza de ti.
Non te necesita, prefríete lonxe,
onde non te poida ver,
onde non te poida escoitar.
Non midas a tua forza coa do seu amor,
só podes perder,
só a fas perder a ela.

Desiste do teu empeño
Abandoa esas ideas,
as que te impulsan a seguir,
a seguir torturándoa,
a seguir a molestala,
a seguir a dañar a sua felicidade,
a sua alegría.
A sua felicidade é a tua felicidade,
pois entón,
non destroces a tua felicidade.

Se sofres,
ela non sufrirá.
Se choras,
ela non chorará.
Non lle importas.
Sábelo, e ignóralo.
Deixa de insistir.
Non mereces a pena para ela.

Ti non vales nada.


Iago Seijas