estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

27 fevereiro 2010

Di-álogo

-Son tan repunante?
-Si, non hai quen te ature.
-Sinto moito terte molestado, xa non che falo máis, tranquila.
-Non! A min gústame a túa non aturided.
-Se non me aturas, como che vai gustar?
-Si que te aturo! Perdóame!
-Non sei se poderei…
-Bueno… perdoa por molestar…
-Ti non molestas, amor meu, eu molesto.
-É certo, pero eu quérote igual.
-Pero eu quérote máis…
e quérote tanto, que non te quero molestar.
-Gústame que molestes, non podería vivir sen iso.
Faino. Faino unha e outra vez
-Se mo pides así…
-Por favor.
-Vale, terei que ceder… pero só porque quero que te manteñas con vida.
- Non me queres entón?
- Non.
-Morrerei logo.
-ÁMOTE.

Ana Ledo e Ana Lage

Um comentário:

xenevra disse...

E daría para unha obra de teatro perfecta, no salón de actos, ou en calquera outro espazo onde deixase que os sentimentos vagasen ao redor dos protagonistas.

Un di-álogo que podería ser perfectamente di-algo