estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

18 abril 2009

Xirondina

Por que todo é así? unha pregunta

que me repito unha e outra vez,

pero á que nunca lle atopei unha resposta.

Todo xira e xira sen importar

onde quedou,

se estou ben,

mal

ou se simplemente

estou.

Grazas ós de verdade,

que por certo,

sobran os dedos dunha man

para contalos,

por moito que todo xire

eu non caio.

Simplemente GRAZAS!



Sofía.

antítese en letra pquena...

derretiume a auga, e o lume afogoume na súa profundidade
caín no azul da herba e fixénme dano coa area do fondo;
tropecei co verde do mar e quedei deitada no medio do camiño.
perdinme no laberinto dos teus ollos verdes,
nos meus ollos marróns, tentei atoparme; pero só obtiven deserto.
na amargura dos bicos, descubrín, o doce do sal
e nos golpes das caricias,o doce agarimo das ondas cando esgazan na costa.
agora,nunca quererei volver estar ao teu carón,
e sempre desexarei terte lonxe.........tan lonxe......


para SEMPRE dicirche o pouco que me agradas e nunca dicirche que te quero....


María P

16 abril 2009

Amiga

Os poemas non se piden,

Os poemas regálanse.

Non se buscan, encóntranse.

Mais iso non é fácil,

Precísanse sentimentos,

Precísase corazón.

Non o ten todo o mundo,

Ti si.

Apenas nos coñeciamos,

Pero sempre semellaches distinta,

Distinta ás persoas que te rodeaban,

Coas que convives…

Desde o primeiro instante

Semellaches diferente,

Diferente a todos,

Diferente ós falsos.

Cando xa non cría en ninguén,

En ninguén.

Apareceches.

Axudáchesme.

Aconselláchesme.

Foches unha amiga,

Unha amiga de verdade



Confiei en ti.

Apoiáchesme cando máis o necesitaba.

Comprendéchesme.

Preocupácheste por min.

Nunca me fallaches.

Sabía que non o Farías.









Antes de que todo isto pasase,

Sabía que podía contar contigo,

Sabía que ías ser especial,

Que contigo non ía ser igual.

Igual ca con todos.

Todos semellaban o que non eran,

Pero ti sempre foches ti.

Se ti me enganases,

Se non foses quen dicías,

Non volvería confiar en ninguén.

Pero non o fixeches,

Nunca o farás,

Porque ti non es así.





Precisábanse sentimentos:



Amizade.



Confianza.



Sinceridade.



Precisábase corazón:



O teu,



O meu,



O noso.

Iago Seijas

Prohibido pensar en ti

Prohibinme pensar en ti

Pero a noite chegou

É a hora dos soños

Das fantasías anheladas

É o único momento

No cal me permito pensarte,

Soñarte,

Soñar que estamos xuntos

Imaxinar como namorarte

Como gañar o teu corazón

Algo moito mais difícil ca olvidar



Olvidar!



olvidar é imposible!

Intenteino, sei que o intentei

Pero sempre, sempre en van

Tamén imaxino sensacións,

Sentimentos…

meus e teus

Porque te quero

Porque te amo

E nunca me amarás tanto

Nunca me vas amar

Seino



Ás veces, ódiasme

Tamén o sei, pero

Eu ódiote sempre

Por ser a culpable,

A responsable da miña dor.

Por ser así

Por capturarme coa túa mirada

Por paralizarme cun sorriso

Por facerme estremecer cun só xesto

Por facerme suspirar co teu recordo

Por facerme sufrir a túa ausencia

Por matarme co teu desprezo

E por devolverme a vida con cada palabra

...................................................... Coas túas palabras

Para logo arrebatarma de novo

Facerme chorar, rir, suspirar..

E négaste a devolverme a alma que me roubaches

No intre en que realmente te coñecín..



Silencio!!



O sol!,



Prohibido pensar en ti.







.......

Iago seijas