estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

16 abril 2009

Amiga

Os poemas non se piden,

Os poemas regálanse.

Non se buscan, encóntranse.

Mais iso non é fácil,

Precísanse sentimentos,

Precísase corazón.

Non o ten todo o mundo,

Ti si.

Apenas nos coñeciamos,

Pero sempre semellaches distinta,

Distinta ás persoas que te rodeaban,

Coas que convives…

Desde o primeiro instante

Semellaches diferente,

Diferente a todos,

Diferente ós falsos.

Cando xa non cría en ninguén,

En ninguén.

Apareceches.

Axudáchesme.

Aconselláchesme.

Foches unha amiga,

Unha amiga de verdade



Confiei en ti.

Apoiáchesme cando máis o necesitaba.

Comprendéchesme.

Preocupácheste por min.

Nunca me fallaches.

Sabía que non o Farías.









Antes de que todo isto pasase,

Sabía que podía contar contigo,

Sabía que ías ser especial,

Que contigo non ía ser igual.

Igual ca con todos.

Todos semellaban o que non eran,

Pero ti sempre foches ti.

Se ti me enganases,

Se non foses quen dicías,

Non volvería confiar en ninguén.

Pero non o fixeches,

Nunca o farás,

Porque ti non es así.





Precisábanse sentimentos:



Amizade.



Confianza.



Sinceridade.



Precisábase corazón:



O teu,



O meu,



O noso.

Iago Seijas

Nenhum comentário: