estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

10 março 2010

05 março 2010

recordo


Recordos… malditos sexan!
Recordo… cando te vin por primeira vez…
aquel sábado noite… parouse o tempo
e fiquei namorada.
Recordo cando te achegaches e me falaches…
e recordo o teu sorriso naquel momento.
Recordo tódolos sorrisos que me adicaches dende entón,
Eses que me alegraban o día pasara o que pasase…
Recordo os bicos roubados e os non roubados,
Tamén recordo cada abrazo, cada agarimo,
cada verba amorosa saída dos teus beizos…
Recordo todo aquilo que algún día me fixo sentir especial,
única… e que agora me atormenta e me fai sentir estúpida,
é agora cando me dou conta de como me utilizaches,
de como me enganaches… e aínda así… segues na miña mente,
aquel sábado noite, aquela primeira frase, os sorrisos, os bicos,
os abrazos, os agarimos, as verbas…
ÓDIOTE… ÁMOTE…


Ana Lage