estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

10 março 2010

quero



3 comentários:

xenevra disse...

teño un problema co deseño de bloguer e os espazos. Tentarei subilo como o mandaches, mantendo espaciado, pero polo de agora ten que ir coma imaxe. Síntoo.

Por certo, encantoume o poema, a maneira en que consegues darlle a forza e a distribución d eletras e espazos ;)

Justin Kase disse...

Bah, así como imaxe tamén está ben, a min non me importa. O dos espacios téñoo que mellorar ;) pero aínda así, cando teñas tempo quero falar contigo deste poema, nun recreo ou cando ti digas.

xenevra disse...

A verdade é que era moito máis chulo como se vía no correo. E que tal se o colocas no insti para que o poidamos ver mellor???

Cando queiras, falamos.