estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

03 julho 2009

O pasado

O pasado…
A xente soe decir:
O pasado, pasado está!
Pero non,
O pasado non pasa,
O pasado sempre está ahí,
Sempre estará ahí..
O pasado está cheo de bos recordos,
Malos recordos…
Pero non son só recordos, o pasado decide o futuro.

Ás veces, só ás veces,
Evita que cometamos erros.
Ás veces tomamos a mellor decisión
Grazas ao pasado.
Ás veces axudamos aos demais
Grazas ao noso pasado.
Ás veces, só iso, ás veces…

Pero tamén cometemos os mesmos erros,
Unha vez tras outra,
Volvemos caer,
E levantámonos de novo,
Só para volver a caer,
Na mesma fosa, no mesmo erro.



Ata que un día,
Abrimos os ollos,
Vemos o que fixemos,
O que facemos,
E lamentémonos.
Unha vez tras outra
El deixoute tirada,
E levantácheste,
Para que te tirase de novo.

Volveches con el,
Debido ás súas promesas,
Promesas vacías,
Promesas sen sentido,
Promesas falsas feitas co obxectivo de facerte sufrir de novo.
Promesas saídas da súa boca,
Da boca que tantas veces che dixo o que tanto temías oir.

E créchelo de novo,
Perdoáchelo,
Ignoraches o pasado,
Pasaches do pasado.

Cambiou, dis,
Non sei qué pasou, pero cambiou…


A xente coma el non cambia.
A xente coma el sempre permanece así.
Ese tipo de persoas,
Nunca cambia.
Están corrompidos,
Son perversos,
Ignoran os sentimentos dos demais,
Xogan coas persoas,
Saben mentir,
Viven na mentira,
Viven da mentira,
Fan da mentira o seu modo de vida,
A súa marca persoal,
O seu estilo, o seu carácter…

Abandóante,
Só para subir,
Alzarse sobre ti,
E contemplar como te levantas,
Soa.
Mentres pensan cómo volverte tirar.

Os anos pasan…
O tempo pasa…

Seguen mentindo,
Cada vez mellor,
Cada vez é máis doado crelos,
Cada vez coñécente mellor,
Saben cómo enganarte..
Falan mirándote aos ollos,
Ós teus ollos inocentes,
Mentres ti contemplas os seus,
O velo tras o que se ocultan as súas mentiras,
As súas verdadeiras intencións,
Intencións que ti non percives,
Que pasan ante ti,
Sen que fagas nada…
Sen que te dés conta de nada…
Ata que te fan caer de novo.





Ata que chegue o día,
No cal non sexas capaz de levantarte,
Mires ao teu redor,
Cos ollos abertos por primeira vez,
Na procura das persoas que te querían de verdade,
Que o deron todo por ti, e que o perderon,
Pero seguiron ahí,
Intentando apartar o pano,
A tela que che impedía ver a realidade.

Persoas que perderon a esperanza,
Que abandoaron a súa cruzada,
Que desistiron, ao fin,
Tras tanto tempo,
Tempo que pasaron intentando protexerte.

Pero son persoas,
As persoas desisten,
Antes ou despois,
Apágase a fonte da luz que os impulsaba a seguir adiante.

Persoas que te querían.
Que pasaron ante ti,
Nadando contracorrente para quedar ao teu carón,
Sen que ti as mirases,
Só as olleabas de reollo.

Persoas que agora están,
Pero que xa non estarán,
Que pronto pertencerán ó pasado,
Ó pasado que tantas veces ignorache.

Persoas rotas ante esa visión,
Verte, no chan, loitando por levantarte,
Unha vez tras outra.
Ata que te fundes,
Ata que afogas no chan que,
Canso de verte caer,
Te absorve na máis absoluta escuridade.

Mentres ti recordas a luz da verdade que había nos ollos desas persoas..
As que pertencen ao pasado.


...



***Censurado***

Nenhum comentário: