estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

03 julho 2009

Botarte de menos

Botarte de menos,
añorarte,extrañarte,
arriscar o pouco que teño por ti,
pensar en ti.
...
Son erros que non vou cometer de novo
Son pedras nas que non volverei tropezar,
pedras que a miña vontade apartará do meu camiño

Deixarme capturar pola tua mirada
Deixar que os teus sorrisos me paralicen
Estremecer ante os teus xestos
Supirar ao recordarte
Percatarme da tua ausencia
Darlle importancia ao teu desprezo
Son cousas que nunca mais me permitirei facer,
xamais...

Recuperarei a alma que me roubaches
no intre que secuestraches a miña razón.
Arrancareina das túas fouces,.
Romperei as cadeas que a atan a ti,
e vivirei de novo.

Volverei camiñar mirando o ceo.
Contemplarei a lúa sen recordarte.
Cando alguén fale de ti,
non lle direi “si”, e mirarei ao chan.
Cando mire as estrelas,
xa non me me alegrarei ao pensar que ti,
en algún lugar,
verás o mesmo que eu estou vendo.
Cando vaia camiñando só,
non irei pensando en ti.
Se te vexo,
permanecerei impasible.
Se as forzas me abandoan,
non será o teu recordo o que as faga volver.

Nada diso sucederá de novo.
Nunca mais vai pasar...

Porque non te amo, non te quero, non te adoro, e non te extraño.
Porque me das igual, tesme que dar igual.
Porque a miña existencia non se debe a ti, non está ligada a ti.
Porque nunca debiches entrar na miña vida
Porque eres o castigo por unha mala decisión
Porque sobras na miña vida, sempre sobraches.
Porque non te necesito
Porque era feliz antes de coñecerte, e serei feliz cando te esqueza.

Porque te vou esquecer
Desaparecerás dos meu recordos,
e será como se nunca te coñecese, como se non existises.
Porque para min xa non volverás existir.
Porque todo volverá ser como era antes,
e as escuras anduriñas non van volver,
nunca volverán, estou seguro.
Non poden volver, non son necesarias aquí.
Da misma maneira que ti non es necesaria para min.
No meu corazón, non hai espazo para ti,
nunca o volverá haber.
Expulsareite del e taparei o oco polo que entraches.
E limparei todo o que quede de ti.


Xa non pertences á miña vida,
eu nunca pertencín á tua.
O tempo fai esquecer.
A distancia fai esquecer
Pois entón farei unha casa en Venus,
e vivirei nela ata que un exército de venusianos,
armados cun cento de razóns,
me expulsen do seu lar.
Será entón cando regrese,
sendo xa un neno, sen preocupacións.
E disfrutarei xogando ca area,
e farei un castelo, cunha princesa,
no que todos os dias sexa nove de xuño,
e a marea subirá, e desfará o castelo,
e chorarei, ata facer a dixestión,
será entón cando me bañe no mar dos recordos,
e todos os anos pasados en Venus perdan o seu efecto,
pero non pasará nada,
porque non significas nada para min.

E medrarei de novo,
volverei decidir mal,
volvereite coñecer,
volvereime namorar de ti,
e lamentareime por ser incapaz,
por non poder soñar que non me lembro de ti,
sen que volvas aos meus recordos.


Iago Seijas

Nenhum comentário: