
por primeira vez estamos
sós,
no noso escondite
en silencio...
que máis podo facer
por ti?
vexo os nosos nomes
na parede
e volto a borralos de novo...
non quero pensar.
ven e sálvame
de arder eternamente..
ven e sálvame
¿sabes que non podo sen ti?
ven e sálvame..
sálvame..
as bágoas
todas finxidas...
e os soños
de papel...
e unha vez máis
volto a borrar os nosos nomes
da parede
sálvame...
poema con trampa.. ;).. fixeno pensando na letra dunha canción que foi durante moito tempo unha das miñas favoritas e que hoxe volvin a escoitar (rette mich).. a verdade e que o "poema" se se lle pode chamar dalgunha forma non me gusta moito.. quedou un pouco raro..
así que espero que me digades o que vos pareceu.. xD
bsñsssss
Um comentário:
Lamento non estar de acordo contigo: nin me parece raro, nin lle vexo a trampa. é máis conseguiches unha grande musicalidade, un ritmo moi bo no poema... e o final: rompedor. Encántame a maneira en que retomas o tópico. "volto borrar os nosos nomes / da parede / sálvame" facendo un xogo entre salvarte a ti en xeral, ou salvarte da parede, de estar alí anclada no nome. Gústame.
reverénciome ante vostede, dona da pluma e o corazón
Postar um comentário