
O amor está morto,
es ti quen me matas...
Cando me apertas ata afogar
e logo tan pronto como viñeches, marchas...
Es ti quen me matas,
cando se cadra ao espertar
me miras e sorrís
e síntome por un intre especial...
Cando se cadra ao espertar,
me regalas un bico...
Para levalo gardado no peto
e para que quede no corazón...
Regálasme un bico,
para que non morra o amor...
E para amarnos eternamente
>>apertas
>>>>>>miradas
>>>>>>>>>>>>bicos
>>>>>>>>>>>>>>>sorrisos
>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>ti...
Entón...
Se é así eternamente...
Será imposible que remate...
Quererte será o que faga... Ata a morte.
3 comentários:
o comentario é o silencio que crea a lectura do poema. Non hai máis palbras. Todo esta dito. Gozar da súa fermosura é o mellor comentario.
estte si que esta cheo de sentimento...encantama o de gardar o bic no peto...e so imaxinarte nese momento de sorir xunto con el..e que non se da expresado.....
encantoume!!
bks
estou completamente dacord! non se pode explicar todo o q este poema ten gardado...
incrible!
bikos!
Postar um comentário