estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

29 maio 2008

mares no recordo

SEMPRE PERMANECERÁ O RECORDO...
Quedamos sós...nós os dous...mirámonos...
que facer un sábado ás catro da madrugada...cando ninguén esta cordo?
o etílico podía cos dous...
e ti leváchesme a experimentar o corpo do desexo... na escuridade...
apartáchesme o cabelo...
bicáchesme enlouquecido
a túa man baixou dende a nuca
pola espalda até o epicentro do meu ser
os teus dedos rozaban os meus labios
producindo un proceso complexo en min
eu palpábate...
as miñas unllas eran coitelos recén afiados
deleitamos dos nosos corpos
até que unha parte de ti copulou no meu hipocentro
ardendo
a estimulacíon era incondicionada...era perversa...
fundimonos un no outro como a manteiga no lume...
aquela noite será inesquecible,irrepetible
quela noite algo entrou en min
fíxome brincar,suar,berrar...
era unha reacción química perigosa
sentirame poseida... non fora eu porque esnaquizara oi teu corpo...
eu como serea que son
nadei nun mar de sensacións
e como gata brinquei
en busca da presa maís substanciosa
entre todas as desexadas por o meu ser...

Um comentário:

xenevra disse...

grandiosa expresión de sentimentos. Os momentos fanse máxicos nos ollos, nas mans, nos sentidos, no lombo... e fican gravados na pel para sempre, sumándose ás cicatrices que a vida queira debuxarnos.