entre rochas embebidas de soños
non sucedidos.
Vou falar agora,
porque non quero calar para sempre.
Douche a chave
e pechas as entradas
que nunca se deberon cruzar.
Libélulas na noite
embarullan o aire
no esquecemento do teu corpo,
virxe de ti,
etéreo de min.
Dis que non existo;
pero eu seime,
................seite.
Reivindico o meu dereito a existir
agora que te acostumaches a desaparecerme.
Non quero ser pantasma
dun presente que cheira a mar recuperada.
3 comentários:
moi bonito susana::quero que poñas mais porfa que me gustan
bikiños
a ver, a ver, a ver... que iso non sobe nota ;)))
De todos xeitos o meu ego claro que o agradece. Eu cumprín, pero boto en falta moita xente con azos novos por aquí. U-los poetas do Lama das Quendas?????
jeje!!
o poema está precioso..
non sei describilo, simplemente gustoume mentras o lia faciame sentir xenial.. =)..
e xenevra ten moita razón.. ;) a ver se non somos os de sempre e comenta alguén máis!! xD
bikoss
Postar um comentário