
non quero chorar; pois estou
contigo
quero olvidar; tanto dano
sufrido
polo teu amor loitar; contra calquera
inimigo
en ti quero atopar a miña amante
a miña amiga
abrazarme o teu corpo buscando
o abrigo
de todo o noso agarimo.
pois nada aqui vos deixo tres poemas de creacion propia e espero que vos gusten e xa sabedes a comentar nelees.BICOS.
4 comentários:
precioso na forma (do contido xa ti sabes;))
Gústame o ritmo e o aspecto neotrobadoresco do poema, con tópico incluído
Amor de auga lixeira,
Muiñeira.
Amor de auga tardeira,
Ribeira.
Amor de auga frolida,
Cantiga.
Amor de auga tardeira,
Ña amiga.
Cunquiero
este é quizais o que máis me gustou dos tres.. (pero non sería capaz de escoller entre ningún deles..)
non sei opino como susana gústame a forma.. e o contiidoo.. =)
bkzss krt*
Idem... gústame a forma e o contido.. é moi orixinal e expresa moito. Moi bo.
Saúdos!
Gústame como deixaches as palabras rodeadas de silencio. As palabras clave, as palabras en rima: contigo / sufrido / inimigo / agarimo/ *amigo
Postar um comentário