estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

28 abril 2008

o sol e a lúa

pois nada que hoxe estreo este apartado novo onde podemos poñer os nosos poemas de creacion propio ,eu como xa prometin poñerei un poema que me gusta moito e que fai pensar en todos o smomentos que vivin
ai vai, espero que vos guste:


na noite que me precede
fun feliz ao teu carón
aquela, aquela noite
os teus dedos esvaraban
polo meu corpo
as túas verbas agarimabanme,
xuntos formamos
unha eclipse,

como ti ben sabes
eu sol e ti a miña lúa.


pois aqui queda.quero saber a vosa opinión !!!!
aburiño
bikiños

Miguel

27/4/08

Um comentário:

xenevra disse...

jeje e logo falas ti de que os outrospoemas parécenche... Pois iso, que no amor sentimento e corpo adoita enredarse sen control das palabras, cal se engarza a luz do sol e a lúa.
moi bo ;))