estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

16 junho 2008



Eu nada
máis quería
pintarche un
corazón...




.....pero
..............as bágoas
........................desdibuxaron
................................................................as súas liñas.



Oa de novo!! ^^
Aquí vos deixo este poemiña.. Para que me digades se vos gusta...
Grazas por axudarme a aprender tan rápido... Pois sen este blogue non tería sido posible =)...
Bicos!!
SilviA*!!

2 comentários:

xenevra disse...

que pasaaaaaaaaaaaaada!!!!!
encantoume!!!!
paréceme xenial.
Puro conceptismo
;)))

xenevra disse...

e volvo a el... e namórame. Encántame. E que farei cando publiques os teus versos e vexa o teu pasado neles?? Supoño que chorarei. Sempre choro.