estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

11 junho 2008




Precisote aquí
Serei quen de escapar??
De fundir o xeo
que azouta a túa alma...
Deixame regalarche unha canción
que sexa parte de min...
Cortar un pedaciño da miña alma
e entregarcho aquí...
Esperando un bico longo
que veña de ti
atópome dentro,
e xa non podo
fuxir
Quizais non queira saír
nunca máis.
Atrápame como atrapas á
vida
Deixa que quizais se
escape un
sentimento
deste corazón....
E sorría =)
Ámame como amas ao sol...
A este forte corazón...
Non fagas caso...
Se che digo que debo marchar...
Porque por ti, aire, auga, terra.......................lume
Mastiga esta sensación que
ven de dentro...
Verás que sabe agridoce.
Quizais debo deixar que
volte a min o
fantasma do amor.
Ela é o único que teño
esa nena pequena que
segue a formar parte
de min.
Rompe os meus soños,
esnaquiza os meus sentimentos.
E xa non podo máis.
Perdida nos brazos do
destino....
Agridoce.
Non deixarei de insistir
estou poseída por ela,
non podo deixar de
ser esta nena pequena...
E quizais.. algún día
comprenda porque sabe agridoce,
porque quero ser así,
porque sego insistindo.
Porque non marcho?
Porque non desisto?
Porque te preciso...
Ás veces quero ser
eu..
Agridoce.
Estar soa,
ser libre.
Outras ela poseeme
e quizais queira quedar
aquí.
Perdida nos brazos do
destino.
Rompe estes sentimentos encadeados
a min.
Sego perdida nos brazos
do destino.
Agridoce..
Podo atoparme a min mesma?
Agora que o amor
me atopou.
Quixen buscar un día
a aquel que dixeron
que sería o príncipe
azul
da miña
vida,
Pero o amor dixo
NON..
Cando pensei que xa
o tiña
Sentin que el non
era
coma min
debía seguir
Porque o amor dixo
NON
Chorei porque o amor
dixo que non.
Quizais, pensei. non valía
para iso.
Perdería todas as partidas,
ata que atopei o
ceo..
Son máis del, que
de min,
débolle
a existencia
a vida
o sorriso
a felicidade
un sentimento,
non cres?
Suxeitame
antes de que esta

forza
me desfaga
Aprende que cos erros
se medra,
ti podes ser alguén.
Atópate.
Suxeitame.
Agora entendin porque o
amor
dixo non,
El non era,
ti si..
Suxeitame…
E eu..
seguirei sendo pequena, poseída
por ela...
Agridoce.
Esta pequena estrela,
desfeita
pero agora sen condea
Porque
rompin fai tempo as
cadeas.
Amor,
suxeitame.
Porque caio?
Porque?
é tan difícil?
Levamos tanto tempo esperando
Estamos tan
ansiosos por estar xuntos.
Morrerías por amor?
Amor, non podo facer
nada
por cambiarme.
Por cambiar.
Son parte do ceo
pequena estrela fugaz
Comprendeme
Comprende a este sentimento
Agridoce
E fai que o
Amor diga que si
Suxeitame

Así que
ceo
agora mesmo rompo o
xeo
como podo comezar?
bueno, poderás entenderme?
Sabes o que quero
expresar?
o mundo torturoume
tantas veces
e…
durante tanto tempo, que
xamais poderei perdoarllo, xamais..
Porque
Hoxe
quérote
Hoxe dixen quérote e
preciso de todo o
que me fai sorrir
de ti
dos anxos que me
axudan a
vivir, que
están ahí
que son de verdade
que cren na amizade

Soa non podo seguir

Pero hoxe non teño
medo de seguir vivindo.
Pero hoxe seguirei
camiñando.
Amor, se ves comigo
serei perdoada.
Non terei que marchar..
Non podes ver
que os meus ollos están brillando
agora mesmo para ti
e que podo continuar
por ti.
Que nada me axuda
máis
que unha verba que
saia da túa boca.
Que un sorriso que
escorregue polos teus beizos
ata min.
Amor, se te quedas,
as sombras olvidaranse de
min.
Non teño medo de
seguir.
De camiñar soa hoxe,
pero..
Amor, se segues aquí
olvidaranse
Serei libre.

Agora mesmo non podo
escapar
sen ti.
Agora mesmo non podo
escapar
sen ti.

Agora mesmo..
.....

Teño

o meu verde

e o teu azul

nos meus dedos.

Pero precisote aquí
Serei quen de escapar??



é un poema bastante largo e aburrido..
pero gústame..
non sei porque..
porque o fixen escoitando as miñas cancións favoritas..
collendo un pedaciño de cada letra..
e saiu esto.. un pouco raro.. sí.. xD..
pero espero que me digades o que vos parece??
bsñssss
qrvs
(ahh.. e Susana tiña razón.. ata eu mesma me dou de conta agora de que emprego constantemente os mesmos tópicos, a nena pequena, o verde, os ollos, o mar, o ceo, a estrela... jo.. xD)

Nenhum comentário: