estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

12 junho 2008

AMARGURA

Amargura é a miña vida,

a miña casa,

o meu refuxio.

Amargura son eu,

sen ti,

con eles,

o meu corazón.

Felicidade son eu,

contigo

pero sen min.

Ti eres a miña chama,

a que me quenta por dentro

pero tamén por fora.

Corre!

Ven comigo!

Compra dous billetes

vámonos ben lonxe,

dame unha boneca...

pero, quédate sempre ao meu carón.

autora: Sara

Nenhum comentário: