estamos, somos, expresámonos

Nace este blogue tras terme asombrado, conmovido e incluso ensoñado a lectura dalgúns dos vosos poemas, das vosas letras, das vosas ansias. Nace nestes tempos revoltos para a lírica en que novamente parece verse vilipendiada, tanto en forma de verso como de prosa como de libre expresión da persoa. Nace porque sodes capaces de poñer nos ollos o brillo que nos falta a aquelas persoas que levamos tempo nestas sendas. Nace porque sodes, estades, existides, pensades...

Nace porque sen as vosas letras o mundo sería menos habitábel.

17 junho 2008



Sabes que con só mover unha mán...

...axudarasme a voar...

ou matarasme.




QUE farás agora QUE sabes QUE son tan débil??...

Um comentário:

xenevra disse...

que, que, que
entre os reproches ou os soños da ventá
que, que, que
entre os lazos dourados ou a tenrura da man
que, que, que

e o silencio devolve sempre o teu eterno relativo que pregunta

;))))